González Lagares, Francisco

González Lagares, Francisco

Pintor. As súas primeiras obras, mariñas, bodegóns e paisaxes de Castela, amosaron unha paleta de azuis, sienas, ocres e amarelos. As súas viaxes por Europa e o N de África contribuíron á asunción dunha paleta quente. Co paso do tempo foi asumindo unha abstracción ata chegar ao informalismo. Foi un dos integrantes do grupo Nueve Expresiones (1994) e ilustrou o libro Galicia, de E. Rivera Chevremont (1994). En 1974 participou na Exposición ao Aire Libre de Vigo e en 1978 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid e, desde entón, realizou numerosas mostras por toda España, das que destacan as antolóxicas celebradas no Museo do Pobo Galego e en 2001 na Casa das Artes de Vigo. A súa obra está, entre outras, nas coleccións Caixanova, Xunta de Galicia e na Fundación Camilo José Cela.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo