"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma portátil que dispara granadas mediante unha carga de propulsión. Na Segunda Guerra Mundial foi empregada polo exército de EE UU, denominado bazooka, e polos alemáns, panzerfaus. O lanzador consistía nun tubo de metal lixeiro e sen recámara (canón sen retroceso). O tiro prodúcese por acendido eléctrico e a granada, de 3 a 4 kg, acada preto de 400 m. Os modelos máis recentes, moi reducidos, adáptanse ao gardamán do fusil de asalto lanzando proxectís de 40 mm. Tamén hai lanzagranadas automáticos, de tiro rápido, montados preferentemente en helicópteros de ataque.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Castrelo de Cima (Riós). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento entre España e Portugal que tivo lugar entre xaneiro e xullo de 1801. Promoveuna Francia para obrigar aos portugueses a renunciar á alianza co Reino Unido. As tropas españolas dirixidas por Godoy acadaron a rendición de Portugal con escasa resistencia e incorporaron a España a cidade de Olivenza.
-
AFLUENTES
Afluente do Miño pola dereita, que nace no monte Cabezo Gordo na parroquia de Goián (Tomiño), onde tamén desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cerceda. Ten planta rectangular e na fachada destaca un escudo timbrado con catro carteis cun castelo, un león, paos e faixas cruzadas e a banda engolada de dragantes dos Andrade. Conserva a capela e construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado na Caeira (Poio). É unha rocha de granito fino que presenta 42 figuras de cérvidos, unidos polos pezuños ou copulando. Atópanse tamén cazoletas. As figuras represéntanse sen formar composicións. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Leonidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego Ëåùíίäáò, composto de ëέùí ‘león’ e -åéäçò, de −å "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → äïò ‘forma, aspecto’. Presenta as variantes Leónidas e Leonides. No paso ao latín experimentou un cambio acentual e pasou de grave a esdrúxula (Leónidas) por ser breve a penúltima sílaba; non obstante en Galicia é máis popular a acentuación etimolóxica grega. Destaca con este nome o heroe espartano Leonidas (s V a C), presente na lírica (“Morrer en brando leito”) e san Leonides (ss II-III), profesor de elocuencia en Alexandría (Exipto). A súa festividade celébrase o 22 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxame de meteoritos, en que o seu punto radiante está preto da estrela î-Leonis. Estes meteoritos provocan, cara ao 15 de novembro de cada ano, unha chuvia de estrelas, das que destacan as de 1799, 1833 e 1866.
-
PERSOEIRO
Epigramista grego. Emigrado de Italia, errou polo Oriente helenizado e Exipto. Consérvanse un cento de epigramas votivos ou sepulcrais da súa autoría na Antologia Palatina, que reflicten unha experincia humana da miseria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta. Considerado un dos grandes heroes da Antigüidade, sucedeu no trono o seu medio irmán Cleómenes I, cara a 488 a C. Morreu na defensa das Termópilas á cabeza dun reducido exército de 300 homes, ante as forzas invasoras persas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta (247-236 a C), fillo de Cleonimo. Gobernou cunha actitude conservadora e antidemocrática. Foi destituído polos éforos no ano 242 a C e recuperou o trono en 240 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Impartiu elocuencia en Alexandría (Exipto) e educou a Oríxenes. Morreu martirizado (204) baixo Septimio Severo. A súa festividade celébrase o 22 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido pola Xunta de Galicia co que se pretende recoñecer e recompensar os méritos daqueles que pola súa actividade no ámbito das letras e das artes engrandeceron e afirmaron os valores culturais de Galicia. Recibírono Antón Fraguas (1995), Xosé Filgueira Valverde (1996), Domingo García-Sabell (1997), Francisco Fernández del Riego (1998), Luís Tobío (1999), Pura Vázquez (2000), Francisco Xavier Río Barja (2001), Xosé López Calo (2002) e Isaac Díaz Pardo (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro publicado por primeira vez en agosto de 1955 en que se inclúen as mellores marcas de cada especialidade. A idea partiu do director-xerente da empresa cervexeira Guinness, quen a confiou a Norris e Ross McWhirter, creadores dunha axencia onde se rexistraban estas marcas. Cunhas vendas que superan os 94 millóns de exemplares, difúndese en máis de 100 países e está traducido a 37 idiomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fermento capaz de provocar a oxidación dos lípidos.
-
GALICIA
Escritor. Cultivou inicialmente o xornalismo, primeiro en Galicia e despois en Chile. Destacou como autor de teatro con O amor é ceguiño (1911), Otro diario y van cien, Los tres berretines e Así es la vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Berrande (Vilardevós), no límite con Portugal. O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro). O seu cumio acada os 567 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO