"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Canuto III de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade da maxia e da feiticería, filla de Asteria e Perses e descendente da xeración dos titáns. Orixinariamente, outorgaba a prosperidade material, a elocuencia nas asembleas e a vitoria nas batallas e xogos. Aparéceselle aos magos e ás bruxas cun facho nas mans ou metamorfoseada en animal. Preside as encrucilladas, onde adoita aparecer unha estatua súa tricéfala, que   representa o seu poder sobre aire, mar e terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς   ou Περι ή γησις   (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacrificio de cen bois ou de cen víctimas na antiga Grecia.

    2. Catástrofe na que morren moitas persoas.

    3. Suceso ou acontecemento de graves consecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar no que se gardan ordenadamente publicacións periódicas a disposición do público.

    2. Colección ordenada de publicacións periódicas, especialmente xornais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘once’.

    2. undeca-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao hendecágono.

    2. Que ten once ángulos.

    3. Que ten por base un hendecágono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono de once ángulos e, polo tanto, once lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido undecanoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten once sílabas.

    2. erso de once sílabas de acentuación variable. A súa orixe pode establecerse nos versos latinos sáfico e senario iámbico, que cambiaron o seu carácter cuantitativo para converterse en versos rítmicos. Nos ss X e XI localízanse as primeiras mostras deste tipo de verso. No s XII incorporouse á poesía italiana, catalá e galego-portuguesa; nesta última puido existir un verso semellante ao hendecasílabo e do que deriva o verso de arte maior castelán. Garcilaso de la Vega foi un dos grandes cultivadores deste tipo de verso na lírica castelá. Segundo a acentuación, poden distinguirse os seguintes tipos de hendecasílabo: enfático, heroico, melódico, sáfico, dactílico, á francesa e galego antigo. E ste último equivale a un hexasílabo e mais un pentasílabo. Na lírica galega algúns autores como Aquilino Iglesia Alvariño, Faustino Rey Romero e Xosé Mª Álvarez Cáccamo cultivaron este tipo de metro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado que se atopa no petróleo. Emprégase como combustible. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso que ten dezaseis sílabas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo a certos aparatos nos que se emprega un líquido, xeralmente auga, como dispositivo de transmisión de forza ou movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta quitinosa e tubular secretada pola epiderme dos hidrozoos. Cobre todo o corpo e pode ter un opérculo que se abre para deixar libres os tentáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito real inmobiliario de garantía que faculta ao acredor hipotecario a solicitar a alienación en poxa dos bens hipotecados en caso de incumprimento da obriga garantida, e   que lle outorga unha prioridade de cobro respecto ao prezo obtido na poxa con respecto aos outros acredores. A orde da data de inscrición da hipoteca no rexistro da propiedade inmobiliaria determina a preferencia entre os distintos acredores hipotecarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teca inferior do frústulo das diatomeas que encaixa internamente coa outra, denominada epiteca.

    2. Metade antiapical da membrana celulósica das dinoflaxeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode hipotecar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gravar unha propiedade cunha hipoteca.

    2. Realizar un acto que poida condicionar algo no futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hipoteca.

    2. Conxunto de normas xurídicas destinadas a regular a protección da propiedade inmobiliaria.

    VER O DETALLE DO TERMO