"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña (98.400 h [1990]). É un núcleo industrial, con industria metalúrxica, téxtil, papeleira e de fabricación de máquinas de coser.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz, bailarina, coreógrafa e directora de escena belga. Realizou estudios na escola Mudra de Bruxelas e en Nova York. Despois de presentar varios espectáculos como Asch ou Fase, en 1983 creou a compañía Rosas, coa que estreou nese mesmo ano o espectáculo Rosas danst Rosas, que lle valeu o recoñecemento internacional e no que mostrou os seus trazos máis característicos: minimalismo, movemento baseado en accións sinxelas e cotiás, traballo con obxectos básicos, forte acompañamento musical, ausencia de escenografía e a presenza única da muller bailarina. Outros traballos seus son Bartóc Aantekeningen (1986), Toccata (1993), Just Before (1997) ou Drumming (1998). Xunto con Pina Bausch ou Lucinda Childs, é unha das grandes formuladoras do xénero denominado danza-teatro e unha das coreógrafas máis destacadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína (354.243 h [1999]). A súa economía baséase na industria téxtil, electrónica e de produción de aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Ucraína (28.500 km2; 1.246.800 h [estim 1998]). A súa capital é Kherson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso e idade do Namuriano B de Inglaterra, situado sobre o Alportiano e baixo o Marsediano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kinderscoutiano.
-
CIDADES
Cidade de República Sudafricana (102.940 h [1985]). Fundada en 1887 a causa do descubrimento das minas de ouro, adoptou o nome do entón presidente da antiga República de Transvaal, S. J. P. Kruger.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista occitano. Foi o fundador das estacións de bioloxía mariña de Rosco, en 1873, e de Banyuls de la Marenda, en 1882, o actual Laboratorio Aragón, que dirixiu ata 1901.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, da familia das litráceas, que se caracteriza por presentar as ramas angulosas, follas ovais, opostas ou alternas na parte superior e flores hermafroditas, de cor blanca ou purpúrea, dispostas en panículas. A especie L. indica (árbore de Xúpiter) ten a casca lisa no tronco e as pólas semellantes ás do eucalipto. É orixinaria de India e China, e foi introducida en Europa en 1759.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posición anómala do útero na que o corpo é desviado cara a unha das súas marxes laterais e o pescozo cara á outra.
-
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Desempeñou a cátedra de Retórica e Poética no Instituto de Lugo (1863-1873) e a de Literatura Latina e Española nas universidades de Valladolid e Santiago de Compostela (1876). Colaborador de La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia Humorística, publicou Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrución pública españolas (1868) e Entretenimientos literarios (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paleoantropólogo, fillo de Louis e Mary Leakey. Dirixiu expedicións a diferentes lugares de Kenya, especialmente ao lago Turkana, e ao val do río Omo en Etiopia. En 1969 atopou un cranio completo do Paranthropus boisei, cunha antigüidade de 1,7 millóns de anos. Novas excavacións permitíronlle atopar en 1983 a mandíbula, dentes e fragmentos do cranio do Sivapithecus, posible predecesor do home e do mono, cuns 17 millóns de anos de antigüidade. Foi director do Museo de Ciencias Naturais de Kenya (1968-1989) e posteriormente dos Servicios de Fauna de Kenya.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, que se converteu na primeira lei educativa da democracia. A LRU comprendía a universidade como un elemento dinamizador da racionalidade moderna e dunha sociedade libre: autonomía, participación social e eficacia. A autonomía que a LRU tentou establecer precisaba dunha relación equilibrada entre a propia institución universitaria e o estado. Tres foron as perspectivas posibles en que se foi desenvolvendo esa autonomía: académica, de goberno e financeira. O título II concibía o Consello Social como órgano de participación da sociedade na universidade. A heteroxeneidade dos membros do Consello supuña, a priori, un índice positivo de eficacia e unha garantía da presenza real da sociedade na institución universitaria. Regulamentaba o dereito que todos os cidadáns teñen de estudar na universidade e establecía as condicións de acceso e permanencia na institución. Con respecto ao profesorado, simplificou as categorías ou estableceu equivalencias entre estas,...
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra (2.553 km2; 611.200 h [estim 2000]). A capital é Leicester. Corresponde aproximadamente ao antigo condado do mesmo nome, que foi un dos grandes feudos ingleses medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Kaj Munk, influenciouse por William Shakespeare. As súas comedias son unha crítica en defensa da liberdade individual. Publicou Ordet (1925), En Idealis (1928) e Niels Ebbesen (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. En 1914 trasladouse a Berlín onde traballou como cámara nos estudios cinematográficos da UFA (1915-1929). Especializado nos retratos, fixo unha serie deles publicados baixo o título Everady Heads (1931) e realizou unha serie de documentais fotográficos en Palestina (1931-1948), onde recompilou uns 175 retratos na serie Transformation Through Light.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facción republicana radical inglesa, coñecida tamén como Niveladores. Durante a guerra civil reclamou a abolición da monarquía, a ampliación dos dereitos do Parlamento e o reparto igualitario dos bens entre os membros da sociedade cristiá. Estas reivindicacións atoparon eco nunha parte do exército, que se amotinou en 1649. Cromwell e Fairfax reprimiron a insurrección.
-
PERSOEIRO
Médico, matemático, astrónomo, filósofo e eséxeta. Foi o pensador máis orixinal do xudaísmo medieval, despois de Maimónides. Escribiu libros de matemáticas, un dos primeiros en facelo sobre trigonometría plana, e tamén sobre astronomía e os cálculos de distancias entre estrelas. Inventou o báculo de Jakob, utilizado para medir ángulos na navegación ata o s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor galés. Cofundou o partido nacionalista Plaid Cymru (1925) e traballou na recuperación do galés, lingua en que escribiu moitos dos seus textos, de xéneros tan diversos como poesía, teatro, ensaio e novela.
VER O DETALLE DO TERMO