"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa. Realizada en estilo barroco, rematouse contra o ano 1667. No 1690 encargóuselle a Melchor de Velasco a construción da Capela do Rosario seguindo o modelo da Capela do Cristo de Burgos da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio de gravación fundado en Vigo no ano 1992 por Anxo Maciel. Nos estudios Areamaster gravaron Matto Congrio, Desertores, Heredeiros da Crus, Crazy Cabuxa, Mercedes Peón, Diplomáticos de Monte Alto e Os Piratas, entre outros artistas. En 1997 inauguráronse as novas instalacións, dunha arquitectura acústica equiparable a estudios de gravación europeos de primeira liña, proxectadas polo enxeñeiro acústico inglés Philip Newell; contan con cinco salas de gravación, sala de control e salas de ensaio. Destaca a súa avanzada tecnoloxía baseada nas plataformas de gravación dixital (ADAT e PRO-TOOLS) e un conxunto de periféricos e instrumentos musicais de gran calidade. Nesta segunda etapa gravaron Pancho Álvarez, Na Lúa, Fuxan os ventos, Carlos Núñez, Emilio Cao, Berrogüeto, Heredeiros da Crus, etc. Traballan con numerosas compañías discográficas, entre outras: Chorima Edicións, Edicións do Cumio, e Xerais.
-
GALICIA
Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fregar con area.
-
Cubrir de area ou botar area nun lugar.
-
Botarlle sal ao peixe, segundo o léxico mariñeiro, nunha cantidade non excesiva. O areado é fundamental no salpresado, un dos xeitos tradicionais máis sinxelos de transformar a sardiña. Esta, posteriormente, descabézase e faise a súa presentación, sen terlle quitado as vísceras.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PRAIAS
Praia da península do Barbanza, na beira meridional da ría de Muros e Noia, situada ao N da punta Sarrosa pechando a lagoa de San Pedro de Muro, na parroquia de Xuño, concello de Porto do Son.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da Ría de Pontevedra, na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Punta da ría de Pontevedra situada entre a praia dos Mortos ao L e a praia das Areas ao O na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo. É un antigo con unido á liña de costa polo depósito de praia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o río Tea na parroquia de Ponteareas, no concello do mesmo nome; recibe tamén os nomes de ponte Vella e ponte dos Remedios. Trátase dunha ponte de catro arcos, dos que os da marxe esquerda conservan a forma oxival e os da dereita achéganse máis ao medio punto. Está acrecentado con cinco desaugadoiros lintelados con eixes que forman distintos ángulos co eixe principal da ponte. Os piares, moi robustos, rematan en tallamares triangulares augas arriba; augas abaixo, os piares non sobresaen do plano de tímpanos. Os tímpanos son de cadeirado recto, coas pezas colocadas a soga, agás na reconstrución do cuarto arco na que o aparello non é tan regular. Os peitorís son de factura desigual. Existe unha discusión sobre a súa posible orixe romana, se ben non se conservan evidencias desa época na ponte. Ben ao contrario, as marcas de canteiro en perpiaños e o estilo construtivo mostran que estamos diante dunha obra dos séculos XIV ou XV, dato coincidente coa reactivación do mercado...
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Na súa obra Essai sur une manière de reprèsenter les quantités imaginaires (1806), estableceu os diagramas que fan corresponder a cada número complexo un vector do plano, coñecidos por diagramas de Argand.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e astrólogo italiano. Confeccionou táboas de efemérides (1630 -1700), baseadas nas de Tycho Brahe. Na obra Astronomicorum libri tres (1629), propuxo un sistema xeocéntrico parecido ao de M. Capela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina inglesa. Dende 1935 a 1938 foi estrela do Sadler´s Wells Ballet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Caudillo carlista. Dirixiu a facción realista de Chantada-Monterroso-Taboada no período do Trienio Liberal (1820-1823). En 1837 ás ordes de José Tomé Villanueva participou na Primeira Guerra Carlista (1833-1839) na área de Cotobade-Lalín-A Estrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político carlista. Durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foi perseguido por pertencer ao Partido Realista e loitar a prol do restablecemento do poder real absoluto en Galicia. Restaurado o absolutismo coa intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís, marchou a Portugal e organizou os Batallóns de Voluntarios Realistas do Val Miñor. Desempeñou o cargo de oidor da Audiencia de Galicia e foi membro da Xunta Gobernativa de Galicia por nomeamento do pretendente don Carlos (1835). Ocupou o posto de secretario do ministerio de Gracia e Xustiza, Guerra e Negocios Estranxeiros, do que dimitiu debido á súa amizade co xeneral liberal Espartero, unha vez que o xeneral Maroto, conservador, foi designado xefe do Estado Maior do Exército Carlista, quen rapidamente se fixo co poder obrigando ao Rei a firmar a orde de desterro de Xosé Arias (1839). Malia aos intentos de Maroto por restablecer a paz con Espartero, marchou a Francia e entregouse ao estudo da Arqueoloxía e das Ciencias Naturais, sobre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e político haitiano. Criticou a ditadura represiva de Jean-Claude Devalier e intentou protexer os dereitos humanos do pobo haitiano. Apoiado pola coalición de esquerdas Fronte Nacional venceu nas eleccións municipais de 1990, asumindo a presidencia en febreiro de 1991. Derrocado por un golpe de estado liderado polo xeneral Raúl Cedrás en setembro dese mesmo ano e exiliado, seguía sendo recoñecido internacionalmente como lexítimo representante da nación. Regresou ao seu país en outubro de 1994, trala mediación da ONU, sendo substituído na presidencia polo membro do seu partido André Préval, en decembro de 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘almorzar’.