Arias Teixeiro e Correa, Xosé

Arias Teixeiro e Correa, Xosé

Político carlista. Durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foi perseguido por pertencer ao Partido Realista e loitar a prol do restablecemento do poder real absoluto en Galicia. Restaurado o absolutismo coa intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís, marchou a Portugal e organizou os Batallóns de Voluntarios Realistas do Val Miñor. Desempeñou o cargo de oidor da Audiencia de Galicia e foi membro da Xunta Gobernativa de Galicia por nomeamento do pretendente don Carlos (1835). Ocupou o posto de secretario do ministerio de Gracia e Xustiza, Guerra e Negocios Estranxeiros, do que dimitiu debido á súa amizade co xeneral liberal Espartero, unha vez que o xeneral Maroto, conservador, foi designado xefe do Estado Maior do Exército Carlista, quen rapidamente se fixo co poder obrigando ao Rei a firmar a orde de desterro de Xosé Arias (1839). Malia aos intentos de Maroto por restablecer a paz con Espartero, marchou a Francia e entregouse ao estudo da Arqueoloxía e das Ciencias Naturais, sobre todo a Entomoloxía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : A Ramallosa