"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

    1. Ser máis grande ou superior a algo ou a alguén. OBS: Adoita empregarse seguido da preposición en para especificar en qué aspecto.

    2. Traspasar o límite establecido ou imposto.

    3. Superar o límite do razoable ou establecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico inglés. Ordenado ministro anglicano (1839), adheriuse ao catolicismo en 1845. Ordenouse sacerdote en 1849, ano no que fundou, xunto con Newmann, o Oratorio inglés, do que foi superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: facedoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Úlcera maligna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao faxedenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia que teñen algunhas feridas, chancros ou úlceras a crecer rapidamente en extensión e profundidade, e a facerse resistentes ao tratamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • chinche fedorenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Andar en algo sen saber cómo se fai ou cómo funciona.

    2. Pasar o tempo realizando algunha actividade para se distraer.

    3. Andar nas cousas cambiándoas de lugar ou causando algún prexuízo ou molestia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que non para quieta e que é, polo xeral, revoltosa.

    2. Persoa que anda en cousas que non debe ou das que non sabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non para quieto e que por veces é revoltoso.

    2. Que ou quen é de trato impertinente ou pesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despide mal olor.

    2. Que é molesto ou repugnante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Despedir algo ou alguén mal olor. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O hóspede e o peixe, aos tres días feden”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de federar ou federarse.

    2. Forma de agrupación estatal que se basea na unión dunha serie de estados baixo unha mesma constitución política. Esta respecta a súa autonomía en asuntos internos e establece un poder superior, o Estado federal, que estende a súa soberanía sobre todos eles e que ten reservadas todas aquelas materias que afectan á orde xeral.

      1. Agrupación de diversas asociacións ou organizacións noutra superior que as representa, co obxectivo de defender intereses comúns.

      2. Organización que agrupa os practicantes (clubs, atletas, técnicos, árbitros e xuíces) dunha mesma disciplina deportiva, que organiza as súas competicións e establece as regras, normas e bases polas que se rexen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de sindicatos agrícolas de inspiración católica que concentraron a súa maior actividade entre 1918 e mediados da década de 1920. Aínda que chegaron a existir sete federacións espalladas por toda Galicia, que englobaban a máis de 400 sindicatos agrarios (aínda que moitos deles tiveron escasa afiliación e vida efémera), contaban cunha maior implantación nas zonas gandeiras da Coruña e Lugo. Reunían asociacións profesionais, con fins técnicos e cooperativos, corporativas, interclasistas, paternalistas, apolíticas (aínda que en realidade tiñan un carácter defensivo e contrarrevolucionario), tradicionalistas e, polo tanto, antiliberais. A súa liña de actuación centrouse na defensa da propiedade campesiña, a divulgación de innovacións técnicas (como fertilizantes, insecticidas ou maquinaria industrial) e a difusión do cooperativismo. En 1930 fundouse a Unión Regional de las Federaciones Católico-Agrarias de Galicia, co fin de racionalizar os cometidos das tres federacións que aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Ferrol en 1935, que recuperaba a organización da Juventud Libertaria de Ferrol (1933), desmantelada tralos sucesos de outubro de 1934. O primeiro grupo libertario xuvenil de Ferrol xurdira a finais de 1913 co nome de Juventud Libertaria e durante a Segunda República este movemento acadou certo nivel de organización. En decembro de 1935 incorporóuselle a Juventud Libertaria de Mugardos. A súa actuación estivo vinculada á da CNT e, ademais da súa participación no sindicalismo, os grupos libertarios xuvenís destacaron polo seu traballo cultural e propagandístico, a través de mitins e conferencias que se celebraban tanto en Ferrol como noutras poboacións da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO