"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • Rama da farmacoloxía que estudia os mecanismos de acción das drogas, a intensidade desta acción e a súa dinámica. Xunto coa farmacoloxía descritiva e cuantitativa, a farmacodinámica constitúe a fase do estudo analítico do mecanismo de acción das drogas para poder coñecer o seu efecto sobre os tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e ten que acadar o nivel do funcionamento celular (farmacodinámica celular) ou dunha parte da célula, é dicir, molecular (farmacodinámica molecular).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á farmacodinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da farmacoloxía que estudia os fármacos de orixe natural, tanto os vexetais como os de orixe mineral ou animal, e isto tanto no aspecto da definición das propiedades químicas como das físicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de calcio hidratado, de fórmula HCa(AsO4)·2H2O. Cristaliza no sistema monoclínico e é de cor branca, avermellada ou verdosa. O hábitat é normalmente en agullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada e especialista en farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as propiedades das drogas e os seus efectos sobre os organismos vivos. Estudia todas aquelas substancias que modifican as estruturas e as funcións da materia viva a todos os niveis de organización. A farmacoloxía pódese dividir en dúas ramas, a cualitativa e a cuantitativa. A farmacoloxía cualitativa ten como obxecto descubrir a acción e as propiedades das drogas sobre as estruturas, células, órganos, organismos, aparatos, etc. A busca destas actividades, mediante tests específicos, denomínase screening. A farmacoloxía cuantitativa establece a relación efecto-dose. As substancias farmacolóxicas teñen que experimentarse antes de chegar aos medicamentos que se empregan na curación das enfermidades humanas, dos animais ou dos vexetais, e este é o campo da farmacoloxía clínica, que se refire aos efectos das drogas que se empregan como tratamento de enfermidades, de cómo actúan, cáles son os mecanismos de acción, o metabolismo, a toxicidade, as indicacións terapéuticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código de medicamentos que cada Estado declara oficial e obrigatorio e que recolle as normas oficiais de preparación, ensaio, dispensación, etc, dos medicamentos e, cada vez máis, os estándares de calidade, identidade e actividade das substancias medicamentosas de uso máis común. Este código é redactado e revisado periodicamente por unha comisión científica. Co desenvolvemento da farmacia apareceron diversas farmacopeas a partir do s XVI. Os estados máis avanzados teñen farmacopea propia, nalgúns é publicada con periodicidade e regularidade, como na Gran Bretaña a British Pharmacopoeia, e nos EE UU a USP que se edita cada cinco anos, e noutros aperiodicamente. A primeira farmacopea hispana foi Concordie Aphotecariorum Barchinonensium, que se publicou en Barcelona en 1511, segunda do mundo, superada en antigüidade soamente por Nuovo Receptario (1498). A primeira farmacopea española obrigatoria para todo o Estado foi Pharmacopoeia Matritensis (1739)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estudia o mecanismo de acción das substancias medicinais para poder empregalas en terapeútica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama moderna da farmacoloxía que estudia a influencia dos factores xenéticos na resposta dos individuos ás drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador francés. Destacado piloto automobilista e motociclista, iniciouse na aviación en 1907. En 1908, cun avión Voisin, realizou o primeiro voo en Europa nun circuíto pechado de 1 km (Issy-les-Moulineaux) e o primeiro voo entre dúas cidades (Bouey-Reims). Co seu irmán Maurice fundou unha compañía de construción aeronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor aeronáutico francés. Iniciado no automobilismo, cara 1910 deseñou un biplano co que Eugène Renaux aterrou no cumio do Puy-de-Dôme. Durante a Primeira Guerra Mundial equipou cos seus aparellos á aviación francesa. Despois asociouse co seu irmán Henri.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de farnar.

    2. Época en que ten lugar a liberación de pole dunha planta anemófila.

    3. Capa de pole.

    4. Inflorescencia masculina do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sátrapa persa, fillo de Farnaces. Sucedeu o seu pai no goberno do Helesponto e Frixia ao redor do 413 a C. Participou nas Guerras do Peloponeso e apoiou sucesivamente a Esparta e Atenas. Despois da vitoria ateniense de Knidos (394 a C), apoderouse das conquistas espartanas en Asia e nas illas do Exeo. Trala rebelión dos exipcios contra o dominio dos persas participou nos intentos de reconquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Ponto (? 185-169 a C). Estableceu a capital en Amasia e apoderouse de Sinope. No 183 a C derrotou a Eumenes II de Pérgamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Bósforo (63 a C-47 a C), fillo de Mitrídates. Sublevouse contra o seu pai e, despois de aliarse con Roma, accedeu ao trono. Durante a Guerra Civil entre César e Pompeio apoderouse de parte da Capadocia e chegou a Bitinia. Venceu o xeneral romano Domicio Calvino en Nicópolis, pero foi derrotado por Xulio César (47 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao estado propicio para a fecundación de certas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muíños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liberar pole as plantas anemófilas. Prodúcese, durante períodos concretos, unha saída intensa de pole que se fai visible en forma de nubes de fariña ou, unha vez sedimentado, como unha fina capa sobre as plantas e o chan.

    2. Florecer as vides.

    VER O DETALLE DO TERMO