"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • GALICIA

    Mestre e escritor. Colaborador de diversas publicacións, como Faro de Vigo e El Progreso, no Almanaque Agrícola ZZ publicou os estudos “A zanfona” e “O oficio de canteiro”. É autor da triloxía sobre o mundo rural Un fachico de contos (1980), Contos para engaiolar (1984) e Contos da baiuca (1995), en que presenta personaxes e costumes populares. Ademais escribiu As bolboretas brancas (1989), premiado no IV Concurso Barco de Vapor, e O cabalo ceibe (2004), onde a través dos animais reivindica un mundo máis nobre e ecolóxico. Tamén no eido da literatura infantil tirou do prelo As botas de Zapeto (1992). Do seu interese pola etnografía e a recuperación das tradicións e da lingua popular xurdiu A cultura tradicional do pan (2002), en que introduce un apartado con refráns, cantigas e contos do folclore popular galego. Director de diversos traballos escolares premiados polo Museo de Pontevedra, recibiu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e médico. A súa evolución artística divídese en tres etapas: a primeira autodidacta; a segunda, académica, coa asistencia a talleres de pintura con A. Castro Couso e F. Artal en Vigo; e a terceira, a universitaria, na que se licenciou en Belas Artes de Pontevedra nas especialidades de pintura (1995) e escultura (1998). Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa de Pintura do Concello de Valdeorras (1993) e o Primeiro Premio do Concurso Centeanario do Colexio Médico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Arquiveiro e cronista oficial de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre historiografía medieval galega. Foi presidente da sección de historia do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e profesor numerario de historia medieval da Universidade de Santiago de Compostela. Académico correspondente da Real Academia de la Historia desde 1995, escribiu Ferias y mercados en el s XVI, La ciudad de Santiago en 1542, La Inquisición en Galicia durante los siglos XVI e XVII (1964), Santiago de Compostela (1977), con B. Varela Jácome; e Las fortalezas de la mitra compostelana y sus castillos (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, xornalista e lexicógrafo. Comezou a súa actividade como mestre nas terras onde naceu, ata que se trasladou á Coruña, onde exerceu como funcionario do concello (1888-1937). Compatibilizou o traballo administrativo co xornalismo, e dirixiu os diarios La Mañana e El Noroeste, o suplemento cultural deste último Terra a Nosa!, e foi correspondente de ABC e colaborador en O Tío Marcos d’a Portela, Alfar, A Monteira, Nós, A Nosa Terra, Revista Gallega, Suevia, Vida Gallega e Galicia. Durante esta época concorreu a diversos certames literarios con composicións que resultaron premiadas en Betanzos (1887), Tui (1891) e Santiago de Compostela (1915), e elaborou unha serie de pequenas pezas dramáticas en castelán e a Guía de Galicia para el turista (1917). Ao longo de todos estes anos preparou a que foi a súa obra máis importante, o Dicionario enciclopédico gallego-castellano, coñecido como O Eladio, editado entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Doutor en Xeografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade acádemica e investigadora está vinculada á análise rexional e á ordenación e desenvolvemento territorial. Formou parte de equipos de investigación multidisciplinal dentro do IDEGA e da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e outros organismos nacionais e internacionais. Coordinou unha Rede Temática Docente financiada pola AECI sobre Desenvolvemento Rural integrada por 6 universidades latinoamericanas. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento (1995), Estrategias de desarrollo local y regional de Iberoamérica (1999), De aldeas a cidades (1999, Premio da Crítica Galega na modalidade de Investigación 2000) e Xeografía, entre cultura e profesión territorial (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Coñecido como O matemático de Bermés, foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu diversos campos da ciencia como a astronomía, as matemáticas e a mineraloxía. Participou nas operacións de medida do arco meridiano (1806-1808) e na formación dun mapa exacto de España (1808). En 1818 foi nomeado profesor de astronomía do Museo de Ciencias Naturales de Madrid para organizar o Observatorio Astronómico. Foi deputado polo Reino de Galicia (1820-1821). Publicou Observations on the measurament of three degrees of the Meridian, conduted in England by the Lieutenant Colonel William Mudge (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé María Crespo Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, foi xefe de edición e redactor xefe de La Región. Dentro deste mesmo grupo de comunicación ocupou o cargo de subdirector de Atlántico Diario (1992). Integrado na CRTVG, foi subdirector e xefe de informativos da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e compositor. Foi organista e mestre de capela de Santa María de Baiona e de Santiago de Vigo. Compuxo numerosas baladas e melodías como “Reflexos da terra”, “Sin niño”, “Coitas e bágoas”, “Saudades da alborada” ou “A noite”, a zarzuela “La Virgen de la Roca”, estreada en 1911, e adaptou para piano alalás, muiñeiras e outras pezas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado con J. A. Escalante e J. Carreño de Miranda, o seu tratamento da luz reflicte a influencia da escola veneciana. Destacan Cristo en la noche da la Pasión (1673) e Carlos II recibiendo la bendición eucarística (1683).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte, especializouse no estudo da prataría. Escribiu La platería en Monforte de Lemos (1987), La colección de platería de Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra (1995), Arte de la platería en la Mariña Lucense, siglos XVI, XVII y XVIII (1999), con Y. Kawamura, La platería en la diócesis de Tui (2001), Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición (2002) e La platería en la Tierra de Lemos (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e director teatral. Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas revistas especializadas, dirixiu cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa ou Uvegá-Teatro. É autor das obras O arce no xardín (Premio Álvaro Cunqueiro 1988), estreada polo Centro Dramático Galego en 1989; Historia de Neera (1989), que foi finalista no devandito premio e estreada en 1990 por Teatro do Atlántico; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001), Matanza (2002), Molière final (2003) e Apnea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e guionista. Titulada en realización pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, escribiu o guión da curtametraxe de Jorge Coira, A ti como se che di adeus? (1998) e o de Antonio, Jorge y Luis (1998), dirixida por ela mesma. Ten traballado como actriz en diversas series de televisión, como Hermanos de leche e Compañeros, de Antena 3 TV, e, de Telecinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Enrique Sarabia González. Ao seu regreso da Guerra de Cuba (1898) asentouse en Vigo onde traballou, ata a súa morte, no estudo fotográfico do seu cuñado Xosé Gil Gil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Latín e Grego no Instituto de Pontevedra, e de Lóxica e Ética no de Ourense, colaborou con diferentes xornais como La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia, onde deixou constancia da súa afiliación á filosofía krausista. Fundou en 1862 o xornal El Alerta en Pontevedra. Das súas obras destacan El latinismo en el dialecto gallego (1879), Principios de psicología o antropología psíquica, lógica y ética (1882) e Sociología (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e historiador. Doutor en Xeografía coa tese Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980 (1990). As súas principais liñas de investigación son a didáctica da xeografía e a ordenación do territorio e o urbanismo en Galicia. Colaborou na redacción de plans de ordenación urbana de Vigo e Cangas. Autor de numerosas obras relacionadas coa didáctica da xeografía, publicou, entre outras obras, Xeografía humana (1988), Vigo: cen anos de historia urbana, (1880-1980) (1990), As Parroquias (1995), Vivendas e cidades (1997) e Planeamento estratéxico e mercadotécnica territorial (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1958 entrou a formar parte da Secretaría General del Movimiento. Procurador en Cortes por Ávila (1967) e gobernador civil de Segovia (1968), foi director xeral de Radio Televisión Española (1969-1973). Secretario xeral do Movimiento (1975-1976), o Rei Xoán Carlos I designouno presidente do goberno en xullo de 1976. Impulsou a transformación do réxime franquista nunha democracia de tipo occidental. Presidiu a coalición Unión de Centro Democrático, coa que gañou as eleccións xerais de 1977 e orientou, con criterio pragmático, a configuración do novo sistema político, tarefa para a que obtivo o apoio da oposición (Pactos de La Moncloa, outubro de 1977). Foi reelixido presidente do goberno en 1979 pero, debilitado polas discordias no seo do partido, dimitiu da presidencia do goberno en 1981 e, ao ano seguinte, fundou o Centro Democrático y Social (CDS). Deputado por Madrid desde 1977, en 1991, logo dos malos resultados do CDS nas eleccións, dimitiu dos seus cargos políticos. En...

    VER O DETALLE DO TERMO