Ripalda González, Xosé Lois

Ripalda González, Xosé Lois

Mestre e escritor. Colaborador de diversas publicacións, como Faro de Vigo e El Progreso, no Almanaque Agrícola ZZ publicou os estudos “A zanfona” e “O oficio de canteiro”. É autor da triloxía sobre o mundo rural Un fachico de contos (1980), Contos para engaiolar (1984) e Contos da baiuca (1995), en que presenta personaxes e costumes populares. Ademais escribiu As bolboretas brancas (1989), premiado no IV Concurso Barco de Vapor, e O cabalo ceibe (2004), onde a través dos animais reivindica un mundo máis nobre e ecolóxico. Tamén no eido da literatura infantil tirou do prelo As botas de Zapeto (1992). Do seu interese pola etnografía e a recuperación das tradicións e da lingua popular xurdiu A cultura tradicional do pan (2002), en que introduce un apartado con refráns, cantigas e contos do folclore popular galego. Director de diversos traballos escolares premiados polo Museo de Pontevedra, recibiu o premio de narrativa do Círculo Cultural do Porriño.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Erbedeiro, Carballedo