Suárez González, Adolfo

Suárez González, Adolfo

Político. En 1958 entrou a formar parte da Secretaría General del Movimiento. Procurador en Cortes por Ávila (1967) e gobernador civil de Segovia (1968), foi director xeral de Radio Televisión Española (1969-1973). Secretario xeral do Movimiento (1975-1976), o Rei Xoán Carlos I designouno presidente do goberno en xullo de 1976. Impulsou a transformación do réxime franquista nunha democracia de tipo occidental. Presidiu a coalición Unión de Centro Democrático, coa que gañou as eleccións xerais de 1977 e orientou, con criterio pragmático, a configuración do novo sistema político, tarefa para a que obtivo o apoio da oposición (Pactos de La Moncloa, outubro de 1977). Foi reelixido presidente do goberno en 1979 pero, debilitado polas discordias no seo do partido, dimitiu da presidencia do goberno en 1981 e, ao ano seguinte, fundou o Centro Democrático y Social (CDS). Deputado por Madrid desde 1977, en 1991, logo dos malos resultados do CDS nas eleccións, dimitiu dos seus cargos políticos. En 1996 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de la Concordia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cebreros