"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

    1. Que acaba de chorar ou vai chorar.

    2. Que incita a chorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a secreción de lágrimas.

    2. Que incita ao choro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación agradable ao gusto que deixa unha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo, matemático e físico, marqués de Laplace. En astronomía destaca por unha teoría sobre a orixe do sistema solar, que se basea na teoría de Kant, e é coñecida como hipótese de Kant-Laplace. Investigou a traxectoria dos planetas e a estabilidade do sistema solar. Desenvolveu o cálculo de probabilidades e unha teoría da capilaridade e formulou dúas leis do electromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista de circo ruso. Comezou a súa carreira como trapecista e destacou como pallaso. Vinculado aos movementos vangardistas, colaborou con V. V. Majakovskij e Meyerhold. Tamén traballou moi activamente co movemento teatral proletario, realizando diversas pantomimas de carácter satírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo estadounidense. Exerceu como profesor na Harvard University, de onde foi expulsado en 1963. Defensor do uso do LSD, o movemento hippy tívoo como un dos seus principais referentes. Nos seus libros expuxo as súas ideas de rebelión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista retorrománico. Coñecido como Simon Lemnius, en 1538 suscitou as iras de Lutero con dous libros de epigramas. Publicou o drama Monachopornomachia, obras líricas e o poema épico Raeteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simon Lemm-Margadan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi autor de novelas como Barsuki (Os teixos, 1924), Vor (O ladrón, 1927) e outras, onde fixo retratos psicolóxicos á maneira de F. M. Dostojevskij. Tamén escribiu pezas teatrais como a editada en 1942, Našestve (A invasión, 1942; Premio Stalin 1943). Recibiu o Premio Lenin en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e químico italiano. De orixe xudía, formou parte dun grupo de resistencia antifascista e foi detido e levado ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, onde sobreviviu realizando traballos de laboratorio. Escribiu Se questo è un uomo (1947), La tregua (1963), Il sistema periodico (1975) e I sommersi e i salvati (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é conforme ás leis ou ao dereito.

    2. Que non está prohibido pola lei ou pola moral.

    3. Que non é falso.

    4. Defensa da persoa ou dos dereitos propios ou alleos que exime de responsabilidade penal polo dano ocasionado ao agresor, sempre que a agresión sexa ilexítima, non provocada e o medio empregado para impedila sexa racional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. De ideario republicano federal, fundou, con Luís Vaamonde Luard, a sociedade La Lealtad Obrera en Santiago de Compostela (1884), de carácter cooperativo e mutualista. A finais da década de 1880 exerceu como director do xornal monterista El País Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. exetación verdosa que aparece nos lugares onde hai humidade ou auga estancada.

    2. Substancia viscosa que recobre algunhas cousas, como as escamas dos peixes.

    3. Secreción mucosa que se forma nos xenitais dos animais cando están en celo ou a piques de parir.

    4. Fracción do solo constituída por partículas comprendidas entre 0,02 e 0,002 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (558 m alt) situado na parroquia de Cariño, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as puntas de Cubertón e Aguillóns, na parroquia de Cariño, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.

    2. Bebida refrescante, de produción industrial, que se fai con ácido fosfórico, cítrico ou tartárico.

    3. Solución en xarope de citrato de magnesio ou tartarato sódico, que se emprega como purgante suave, xa que é máis tolerada co sulfato de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar plantado de limoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO