Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos, fondos e coleccións de calquera época, reunidos ou non en arquivos existentes en Galicia ou fóra da comunidade, procedentes de persoas ou institucións de carácter público ou privado.