"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que trata dos parasitos de toda clase e da relación destes co hospedador, aínda que na práctica se limita aos protozoos, helmintos e ectoparasitos, deixando de lado os outros microorganismos, a pesar de seguir sendo considerados parasitos por definición. Algúns autores inclúen tamén os fungos parasitos.
-
-
Estudo dos proverbios, sobre todo como expresión da alma e dos costumes populares.
-
Conxunto de proverbios.
-
-
-
Rama das ciencias biolóxicas e da medicina que estuda as causas das enfermidades e a fisioloxía dos organismos que as padecen. Subdivídese en varias ramas: a patoloxía clínica, a médica ou interna, a cirúrxica ou externa, e a comparada ou experimental. Fálase tamén de patoloxía xeral para referirse aos estados patolóxicos das diversas enfermidades en diferentes órganos.
-
Conxunto de síntomas dunha enfermidade.
-
-
-
Ciencia que ten por obxecto os antigos escritores cristiáns e as súas obras, en todos os aspectos (no doutrinal só recibe o nome de patrística), desde os inicios (exceptuando os libros canónicos) e ata o s VIII, en Oriente. Adoita dividir o legado literario cristián antigo en tres épocas: a prenicena, que comprende os Padres Apostólicos, os apoloxistas (Xustino), a primeira reacción antiherética (Ireneo de Lyon), os biblistas (Hipólito e Oríxenes) e os moralistas (Clemente de Alexandría, Tertuliano e Cebrián); a época de ouro, coa presenza de figuras como Atanasio e Cirilo en Alexandría, Basilio o Grande, Gregorio de Nisa e Gregorio de Nazianzo en Capadocia, Diodoro de Sicilia e Teodoro de Mopsuesto en Siria helénica, Afraates e Efrén en Siria oriental, Epifanio en Chipre, Eusebio e Cirilo de Xerusalén en Palestina e Hilario, Ambrosio, Agustín e Xerome en Occidente; e a época poscaledoniana, con Gregorio I, Boecio, Casiodoro e Gregorio de Tours en Occidente e en Oriente, o Pseudo-Denís,...
-
Colección de escritos dos Santos Padres da Igrexa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da pedoloxía que estuda os organismos que habitan no solo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
edafoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de estudo científico que, como tal, se definiu a finais do s XIX en Alemaña, para abordar de modo dialéctico o estudo das dimensións física, intelectual e psicoafectiva da etapa infantil e adolescente do desenvolvemento humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os diferentes medios de prevención e representación dos delitos no seu aspecto de penas e medidas de seguridade, singularmente o aspecto da súa execución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o embarazo, o parto e o período posnatal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repetición superflua e redundante de conceptos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo en desuso para referirse á litoloxía. Moitos autores consideran a litoloxía e a petroloxía como sinónimos, empregando o segundo termo de xeito máis habitual para referirse ás investigacións centradas na análise do petróleo. Outros autores limitan ambos os dous termos ao ámbito das rochas sedimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da textura das superficies pitóricas artísticas que, considerando a importancia da pegada das ferramentas (pincel, brocha, espátula) e o seu percorrido, consegue personalizar as obras de atribución dubidosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a orixe e evolución dos planetas do sistema solar, a partir do estudo da súa superficie e estrutura.
-
-
Ciencia do espírito que en teoloxía designa a doutrina sobre o Espírito Santo. Desde G. W. Leibniz e Ch. Wolff indica a parte superior da psicoloxía en tanto que doutrina do espírito; para Kant constitúe a psicoloxía metafísica, en que a alma se considera unha substancia espiritual. Tamén designa a ciencia que se ocupa da natureza dos espíritos (anxos e demos).
-
pneumática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda os pulmóns e as vías respiratorias en xeral, e especialmente as súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda a fisioloxía dos pés e as súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que aborda o estudo interdisciplinario da guerra como fenómeno social. En 1945 o Institut Français de Polémologie foi fundado por Gaston Bouthoul, creador do termo e autor de numerosos e importantes ensaios. O seu antecedente máis importante foi a obra A Study of War, de Q. Wright (1933). Baséase na idea de que a guerra é evitable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que ten a política por obxecto de estudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da horticultura que trata do cultivo da froita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da farmacia e da terapéutica que trata da administración dos medicamentos. Dá as instrucións que indican a dose unitaria, a diaria e os intervalos entre as doses dun medicamento.