"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Martelo grande de ferro de forma cónica ou semicilíndrica e mango de madeira, que empregan os canteiros ou escultores para bater no cicel co que traballan a pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ángulo formado pola onda de Mach e a dirección do movemento. A cosecante do ángulo de Mach é igual ao número de Mach.
-
PERSOEIRO
Físico e filósofo austríaco. Fixo investigacións sobre acústica, óptica e dinámica dos gases. Influenciado por Comte, rexeitou toda a metafísica e toda a información que non fose sensible, e fundou o empiriocriticismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relación entre a velocidade dun corpo no seo dun fluído e a velocidade do son no fluído considerado. É un número adimensional resultado do cociente entre a velocidade dunha aeronave, relativa ao aire, e a velocidade do son no aire. Represéntase mediante a letra M.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Onda de son xerada por un proxectil que se move a unha velocidade superior á do son en cada un dos seus puntos do espazo por onde pasa o proxectil. É de forma cónica, e a súa abertura vén dada polo ángulo de Mach.
-
PERSOEIRO
Escritor checo. Nos primeiros tempos recibiu as influencias das literaturas inglesa e polaca. Superou rapidamente o sentimentalismo romántico e a poesía histórico-patriótica e elexíaca, e cultivou poesía romántica metafísica e cósmica. Máj (Maio, 1836), obra lírico-épica, moi persoal no tratamento e no estilo, está considerada como a súa obra mestra. A súa novela máis destacada é Cikáni (Os xitanos, 1835). Postumamente, editáronse as súas cartas e diarios en Dílo Karla Hynka Máchy (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
machucar.
-
-
Fato de machos cabríos.
-
Acción propia dun macho, que se realiza xeralmete con intención fachendosa.
-
-
-
Ferramenta para cortar formada por unha folla larga e grosa en forma de trapecio, afiada por un só lado e con mango de madeira, semellante ao machado pero de menor tamaño, que se emprega para traballos menos fortes. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.
-
Arma ofensiva cabaleiresca que foi moi usada nos ss XV e XVI tanto na guerra como en batallas singulares, e que era empregada na loita a pé. Na parte superior ten tres elementos: machada, ou folla perpendicular ao mango; martelo, no extremo oposto, e daga, que é o dardo agudo que vén a continuación do mango.
-
Machada con dúas follas ou ás.
-
Peixe con forma de machada e con numerosos fotóforos na súa pel, de ata 5 cm de loxitude. Habita entre os 500 e 1.000 m de profundidade e aliméntase de pequenos crustáceos e peixes.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de 1914, que cesou en 1915. Funcionou como órgano de expresión do “Club de la Machada”, e estivo dirixido por Nicolás de las Llanderas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado ou recibido cunha machada ou cun machado.
-
-
Ferramenta para cortar coa folla e o mango máis grande ca a machada, que normalmente se agarra coas dúas mans. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.
-
Ferramenta de pedra ou de metal que se utilizaba enmangada, para cortar ou fender. Os máis antigos atopados son do Neolítico, de pedra pulimentada. Nas culturas pertencentes á Idade do Bronce en Occidente, houbo unha evolución tipolóxica con tipos específicos como o machado de alvado ou de cubo, propio no Bronce Final galego, que se caracteriza polo alvéolo no que entra o mango da ferramenta, ou o machado de tope ou talón, da mesma época, diferenciado polos aneis que facilitan a suxeición a un mango.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, cinco machadas de prata, cos mangos de ouro, postas en pau e colocadas en aspa, coas follas cara á destra. Outra variante leva, en campo de goles, tres cunchas de vieira, de ouro, colocadas en faixa.
-
GALICIA
Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Fundou a Academia Brasileira de Letras (1896), da que foi o seu presidente. Despois dunhas primeiras obras de influencia romántica, a partir de Memórias póstumas de Brás Cubas (1881) amosou unha preocupación pola análise dos caracteres e pola paisaxe física e social de Rio de Janeiro. Foi tamén autor de Papeis avulsos (1882), Quincas Borba (1891), Dom Casmurro (1899) e Essaú e Jacó (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joaquim Machado de Castro.
-
PERSOEIRO
Político. Deputado do Partido Regenerador (1882-1886), foi ministro das Obras Públicas, Comércio e Indústria (1893). Ingresou no Partido Republicano en 1903 e, logo da implantación da república, foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno provisional. Designado primeiro ministro (1913), foi elixido presidente da república en 1915 e defendeu a participación de Portugal na Primeira Guerra Mundial. Deposto polo movemento revolucionario de Sidónio Pais, en decembro de 1917, volveu á presidencia entre decembro de 1925 e maio de 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos heroes da independencia de Cuba e presidente do país entre 1925-1933. Durante o primeiro período gobernou de forma democrática para pasar, a partir de 1929, a un réxime ditatorial. En 1933 exiliouse en EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Amigo íntimo de Rubén Darío, pertenceu á Xeración do 98. A súa obra constitúe a versión lírica dos temas, da actitude espiritual e da consciencia dos homes que formaron a súa xeración. Estudiou na Institución Libre de Enseñanza, doutorouse en Letras en Madrid e foi catedrático de instituto de Francés. Republicano, exiliouse en xaneiro de 1939. Recibiu a influencia do modernismo hispanoamericano e adscribiuse a unha poesía falta de retórica, e de concepción máis intituitiva ca intelectual. Sistematizou a súa teoría poética cos seus alter ego Juan de Mairena, Abel Martín e outros personaxes apócrifos, identificados con poetas, preceptistas e filósofos. O seu espírito sobrio e austero axiña se identificou coa natureza castelá. Da súa produción destacan Soledades (1903), poemas de carácter modernista, nos que sobresae a emoción do momento e o sentido oculto do que lle rodea, e Campos de Castilla (1912), onde a consideración poética da paisaxe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO