"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • SERRAS

    Serra de América meridional, situada no NO de Venezuela. É unha prolongación cara ao O da cordilleira oriental andina de Colombia. De dobramento alpino, acada a máxima altitude no pico Bolívar (5.007 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Da súa filmografía destaca Great Expectations (1946), Hamlet (1948), Guys and Dolls (1956), The Big Country (1958), Spartacus (1960) e The Happy Ending (1969), algúns deles dirixidos polo seu marido Richard Brooks. Recibiu un Emmy pola seu papel na miniserie The Thorn Birds (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (33.140 km2; 54.800 h [1996]). A súa capital é Et-Toor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional intergobernamental de consulta, cooperación e promoción económica e social creado o 17 de outubro de 1975 en Panamá por representantes de vinte e seis estados do Caribe e de América Latina. Ten a súa sede en Caracas e dos seus organismos internos destacan o Consejo Latinoamericano, os Comités de Acción e a Secretaría Permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. De orixe prerrománica, foi restaurada en época barroca. Destaca a fiestra da ábsida, cuns barrotes verticais labrados en pedra e a fachada, barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • suramericano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (103.688 km2; 6.899.675 h [2000]). A capital é Palembang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sumer, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Sumer.

    3. Antiga lingua de Sumer, documentada desde 3000 a C aproximadamente ata 100 a C, que non foi posible clasificar dentro de ningún grupo lingüístico. Como lingua falada, deixou seguramente de estar en uso por 2000 a C. Lingua aglutinante, emprega sufixos no caso do nome, e prefixos, infixos e, en menor grao, sufixos no caso do verbo. Atopáronse cinco variantes dialectais literarias (entre elas o emme-sal, empregada unicamente cando son seres femininos os que falan nos textos literarios) e tres técnicas (como o emme-uaula ou fala dos pastores). Cronoloxicamente distínguense sete períodos -arcaico (3100-2700 a C?), sumerio antigo (2700-2350 a C?), sargónida e guti (2350-2140 a C?), neosumerio (2140-2006 a C?), babilónico antigo inicial (2006-1850 a C?), babilónico antigo recente (1850-1595 a C?) e posbabilónico antigo (1595-100 a C?)-.

    4. arte mesopotámica.

    5. Antiga escritura empregada en Sumer desde 3100 a C aproximadamente ata 100 a C. Consta de ideogramas que poden expresar unha idea ou máis, signos silábicos, que non son máis que ideogramas, pero utilizados en función do valor fonético e non do ideográfico, signos unilíteros, empregados unicamente como vogais, determinantes, que serven para aclarar a categoría á que pertence unha palabra e complementos fonéticos ou determinantes de son, que se empregan para precisar a lectura da palabra que complementan.

    6. relixión mesopotámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América do Sur ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas (46.924 km2; 11.793.655 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de isomería en que as especies isoméricas existen en equilibrio e poden interconverterse mediante procesos reversibles. Historicamente este concepto foi introducido por C. Laar en 1885 para explicar o comportamento do acetoacetato de etilo. Os equilibrios tautoméricos foron clasificados por C. K. Ingold en anionotropías e cationotropías. Nas anionotropías o paso dunha estrutura a outra prodúcese pola migración dun anión, mentres que nas cationotropías transcorre mediante a migración dun catión. Un caso particular de cationotropía é o prototropismo, que constitúe o tipo máis común de tautomería. Ao lado destas destacan outras como a tautomería anel-cadea e a tautomería de valencia. A tautomería anel-cadea preséntase en toda unha variedade de compostos β, γ e δ difuncionais cun gran grupo saturado e un de insaturado, e consiste no equilibrio entre unha forma de cadea aberta e unha cíclica. A tautomería de valencia preséntase naqueles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso químico catalítico en que unha ou máis moléculas dunha substancia se combinan cos fragmentos doutra molécula, denominada telóxeno, que quedan como grupos terminais da cadea oligomérica así formada, que recibe o nome de telómero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de temerario.

    2. Acción ou dito temerario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Ingresou na mariña en 1914 e foi ministro da Mariña (1944-1958). Partidario de Salazar, foi presidente da república (1958-1974). Destituído polo golpe militar de 1974, exiliouse a Brasil ata que regresou en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Naturalizado italiano, traballou en Alemaña e desde 1937 residiu en Roma. A súa obra caracterizouse por unha monumentalidade rústica e pola decoración escultórica de diversos edificios públicos de Roma, como o palacio de deportes ou o club automobilístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional xurdido en Bos Aires en 1910 da Unión Internacional de Repúblicas Americanas. Con sede en Washington, foi concibido como un instrumento do imperialismo estadounidense. En 1948 foi incorporado á Organización dos Estados Americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘xulgado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e xurista suízo. Foi conselleiro privado de Augusto III de Polonia (1758) e practicamente dirixiu a política do seu reino. Escribiu Le droit des gens ou Principes de la loi naturelle... (1758), onde defendeu a teoría da lei natural como fonte do dereito internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e comerciante. Ao servizo dos Medici desde 1484, en 1492 chegou a Sevilla. Colaborou na provisión e frete dos barcos enviados ás Indias e participou no avituallamento da terceira expedición de C. Colón. En 1497 iniciouse na navegación. Segundo a súa obra Lettera di Amerigo Vespucci delle isole nuovamente trovate en quatro suoi viaggi, realizou catro viaxes. Na primeira (1497) formou parte da expedición comandada por J. Díaz de Solís que chegou ao mar das Antillas, probablemente dentro da actual Costa Rica, bordeou a península de Yucatán, percorreu o golfo de México e remontou Florida, dentro da baía de Chesapeake. Regresou en 1498. A segunda (1499-1500) realizouna baixo o mando de Alonso de Ojeda e coa participación de Juan de la Cosa. A expedición bordeou Trinidad, Margarita, a costa das Perlas, Curação e a península da Guajira, e acabou na Hispaniola. En 1501 pasou ao servizo do Rei Manuel I de Portugal, e realizou a terceira viaxe, comandada por Gonçalo Coelho, con...

    VER O DETALLE DO TERMO