sumerio -ria
(< topónimo Sumer)
-
adx
Relativo ou pertencente a Sumer, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Sumer.
-
s
m
[LING]
Antiga lingua de Sumer, documentada desde 3000 a C aproximadamente ata 100 a C, que non foi posible clasificar dentro de ningún grupo lingüístico. Como lingua falada, deixou seguramente de estar en uso por 2000 a C. Lingua aglutinante, emprega sufixos no caso do nome, e prefixos, infixos e, en menor grao, sufixos no caso do verbo. Atopáronse cinco variantes dialectais literarias (entre elas o emme-sal, empregada unicamente cando son seres femininos os que falan nos textos literarios) e tres técnicas (como o emme-uaula ou fala dos pastores). Cronoloxicamente distínguense sete períodos -arcaico (3100-2700 a C?), sumerio antigo (2700-2350 a C?), sargónida e guti (2350-2140 a C?), neosumerio (2140-2006 a C?), babilónico antigo inicial (2006-1850 a C?), babilónico antigo recente (1850-1595 a C?) e posbabilónico antigo (1595-100 a C?)-.
-
arte sumeria
arte mesopotámica.
-
escritura sumeria
[ESCR]
Antiga escritura empregada en Sumer desde 3100 a C aproximadamente ata 100 a C. Consta de ideogramas que poden expresar unha idea ou máis, signos silábicos, que non son máis que ideogramas, pero utilizados en función do valor fonético e non do ideográfico, signos unilíteros, empregados unicamente como vogais, determinantes, que serven para aclarar a categoría á que pertence unha palabra e complementos fonéticos ou determinantes de son, que se empregan para precisar a lectura da palabra que complementan.
-
relixión sumeria
relixión mesopotámica.