"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten mormo.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa Eulalia que dá nome ao concello de Mos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello que pertence á comarca de Vigo, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte. A súa posición xeográfica é 42° 11’ de latitude N e 8° 38’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Redondela e Pazos de Borbén (comarca de Vigo), ao S co do Porriño (comarca de Vigo), ao L co de Ponteareas (comarca do Condado) e ao O co de Vigo (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 53,2 km 2 cunha poboación de 14.4717 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. A súa capital é Reguengo, situada na parroquia de Petelos, e dista 35 km de Pontevedra e 98 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e á xurisdición do partido xudicial do Porriño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Depresión Meridiana que atravesa toda Galicia desde Carballo ata Tui articula o territorio de Mos. Esta falla ocupa... -
-
Transistor de efecto de campo de porta illada.
-
Dispositivo de estado sólido constituído por transistores de efecto de campo. A tecnoloxía MOS é a base da maioría dos circuítos empregados en memorias dixitais e microprocesadores. A vantaxe máis importante dos circuítos MOS respecto aos circuítos bipolares é que coa tecnoloxía MOS se poden integrar máis transistores e máis funcións nun só chip. Os primeiros circuítos MOS estaban feitos con porta de metal e canle p (tecnoloxía PMOS); na canle de tipo n (NMOS), a tecnoloxía de porta de silicio policristalino e outras melloras permitiron a realización de circuítos de grande escala de integración (LSI). De entre a gran cantidade de versións de dispositivos MOS destaca o NMOS autolineado con porta de silicio que utiliza técnicas de oxidación local (LOCOS) para mellorar a densidade e as prestacións; tamén hai HMOS (MOS de alta velocidade), SMOS (MOS escalado), XMOS, etc. Para empregalos como memoria adoitase engadir unha segunda capa de silicio policristalino, que dá lugar...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mos (Mos). Realizada en cantaría, conta con tres andares en altura. Destacan os seus balcóns e mantén en pé dúas chemineas. Ten escudo dos Soutomaior, Sarmiento, Quirós, Correa, Mendoza, Ozores, Moscoso e outros no remate central.
-
RIOS
Río do N de Europa tributario do mar do Norte (959 km). Nace no altiplano de Langres (Francia), e corre cara ao N encaixado nas calcarias que forman o extremo oriental da conca de París (Côtes de la Meuse), entre Champagne e Lorena. Xa en Bélxica, atravesa o macizo herciniano das Árdenas, en Namur recibe o seu afluente principal, o Sambre, percorre a principal conca carbonífera de Bélxica e, en Maastricht, convértese nun río de chaira e introdúcese en Países Baixos, onde rega Limburg e Brabante Setentrional. Na desembocadura únese a un dos brazos do Rin, río co que forma un delta común. O seu réxime adoita ser regular, cun máximo de caudal no inverno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político iraniano. De nome Mu Palatino; ḥ ammad Hidāyāt al-Musaddaq, fundou a Fronte Nacional, foi primeiro ministro (1951) e nacionalizou o petróleo (1952), pero foi deposto (1953) polo xeneral Zahedi, de acordo coa CIA, e xulgado. A pena de morte foille conmutada por prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coexistencia nun individuo de dúas ou máis liñas celulares con dotación cromosómica diferente, a causa dun fallo nas divisións mitóticas do embrión. Ás veces, orixina liñas celulares anormais que formarán parte dos diversos órganos do individuo segundo a súa diferenciación posterior, despois do fallo nas primeiras divisións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artista que fai obras de mosaico.
-
-
-
Decoración dunha superficie que se fai incrustándolle anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores. Hai que distinguir dúas categorías: o mosaico de pavimento e o mural. O mosaico de pavimento máis antigo (s VIII a C), realizado en Gordion, fíxose con seixos de río de diferentes cores. A mesma técnica foi empregada en Grecia durante os ss VI-IV a C, nos mosaicos da cidade de Pella, e máis tarde en Sicilia. Coa invención do opus tessellatum o artista tallou e uniu as teselas utilizando mármore, pedras calcarias e pastas vítreas; os mosaicos de teselas máis antigos descrubríronse en Morgantina (Sicilia). Durante os primeiros séculos despois de Xesús Cristo, o mosaico de pavimento romano foi en branco e negro (Pompeia, Ostia), pero no s III xa se impuxeron as grandes composicións polícromas e figuradas. Nas provincias romanas de occidente o mosaico de pavimento decaeu na fin do s VI, e non renaceu ata os ss IX e X. O mosaico mural apareceu en Roma durante o...
-
Conxunto de cousas dispostas que ofrecen o aspecto dun mosaico.
-
-
Serie de fotografías aéreas, que reciben o nome de fotogrametría, que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.
-
-
Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, de 20 a 40 cm de lado. Pode fabricarse tamén en forma hexagonal e oitavada. OBS: Tamén se denomina mosaico hidráulico.
-
Pavimento feito con baldosas de mosaico.
-
-
Enfermidade das plantas, como do tabaco, pataca ou tomateira, causada por virus. O virus do mosaico do tabaco foi descuberto polo botánico ruso D. I. Ivanovskij (1864-1920) en 1892, e é o primeiro virus coñecido. Os síntomas máis claros da enfermidade son a ondulación das follas tenras, acompañada de manchas cloróticas en forma de empedrado. Recibe diversos nomes segundo os síntomas que producen, como mosaico punteado ou mosaico en anel. O método principal de loita baséase na prevención e na eliminación dos posibles vectores, os insectos, desta enfermidade.
-
-
Organismo ou tecido, derivado dun só cigoto, que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos (numéricos ou estruturais).
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Moisés ou ao mosaísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de leis, de ritos e de institucións que Deus revelou ao profeta Moisés para o pobo de Israel e a súa lexislación. Estas atribucións literarias a Moisés están nos libros do Pentateuco e na autenticidade histórica dos primeiros capítulos da Xénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mosaicista.
-
-
Relativo ou pertencente ao mosaísmo.
-
Defensor da teoría do mosaísmo.
-
-
PERSOEIRO
Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Insecto díptero da suborde dos braquíceros que pertence a moi diversas familias, xéneros e especies. A característica principal é que posúe un aparato bucal picador chupador e que presenta un só par de ás, porque o segundo está reducido a unhas estruturas denominadas halterios ou balancíns. Ademais, ten todo o corpo cuberto de pelos ou sedas. Algúns destes dípteros reciben denominacións populares propias doutras ordes de insectos como o piollo das abellas (Braula coeca) ou o carracho dos carneiros (Mellophagus ovinus). Na tradición oral recóllense ditos como: “As aguias non cazan moscas. En boca pechada non entran moscas. Unha mosca soa non fai verán”.
-
mosca abellón
Mosca de aspecto similar ao abellón, de ata 12 mm de lonxitude e con longa trompa. Os adultos aliméntanse do néctar das flores, pero as larvas son hiperparasitas das larvas de himenópteros.
-
mosca azul/capivermella [Calliphora erytrocephala, Fam dos calliofóridos]
Mosca duns 10-12 mm de longo e dunha cor azul metálica, que pon os ovos sobre a carne fresca. As larvas, chamadas areixas, producen un suco que descompón a carne, da que se nutren. Está presente en Galicia.
-
mosca camaleón/das cortes [Stomoxys calcitrans, Fam dos múscidos]
Mosca de aproximadamente uns 6 mm de lonxitude, moi semellante á mosca común, da que se diferenza por presentaren a trompa dirixida cara a adiante, mediante a que se nutre. Zuga o sangue tanto a animais como ao home, e a súa mordedura é moi dolorosa. Ten distribución mundial, polo que é común en Galicia.
-
mosca común/doméstica [Musca domestica, Fam dos múscidos]
Mosca dun 8 mm de longo, de cabeza negra, corpo gris con bandas negras por enriba e amarelado por debaixo e ás transparentes de tonos grises. Habita en zonas poboadas por humanos de case todos os países de climas temperados. Dunha gran proliferación, presenta de 7 a 10 xeracións anuais que se suceden de primavera a outono. A causa da súa desagradable presenza e do feito de ser a vectora de numerosas enfermidades infecciosas, é combatida con diversos insecticidas e con medidas de hixiene individuais e colectivas.
-
mosca da carne [Sarcophaga carnaria, Fam dos sarcofáxidos]
Mosca duns 15 mm de longo, de tórax co fondo gris e con bandas negras lonxitudinais e de abdome con cadrados negros sobre un fondo gris. É importante polo feito de ser vivípara, a femia deposita as larvas na carne en descomposición, en cadáveres e feridas. É perigosa, pois pode transmitir diversas enfermidades infecciosas. É común en Galicia, e aparece principalmente entre os meses de marzo a novembro. OBS: Tamén se denomina moscardo e moscón.
-
mosca da froita/do mediterráneo [Ceratitis capitata, Fam dos tripétidos]
Mosca duns 6 mm de longo, de cabeza amarela e co dorso gris, os costados amarelados, o ventre leonado, as patas amarelas e as ás irisadas e cunha banda afumada. As femias inxectan os ovos nos froitos de diversas árbores, mediante un longo oviscapto. Estendida por toda España, constitúe unha praga moi prexudicial.
-
mosca da oliveira [Dacus oleae, Fam dos tripétidos]
Mosca duns 5 mm de longo, de cabeza avermellada, tórax gris con tres liñas de cor parda e abdome dunha cor amarela alaranxada. É unha praga das oliveiras que provoca a caída antes de madurar. É común en todos os países mediterráneos, especialmente nas zonas costeiras, onde as condicións de humidade propician o seu desenvolvemento.
-
mosca da pomba [Ornithomyia avicularia, Fam dos hipobóscidos]
Mosca duns 8 mm de longo, coa cabeza e o tórax aplanados, ectoparasita das pombas e outros grupos de aves. É transportadora de axentes patóxenos.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre as de Centauro, Cruz do Sur, Compás, Ave do Paraíso, Camaleón e Carena. Contén 60 estrelas visibles a simple vista, entre as que hai unha ducia de magnitude 3 e 4. O astro principal, −Muscae, é unha estrela de magnitude visual 2,94, situada a 365 anos luz.
-
-
Que ten cheiro a almiscre.
-
Que ten gusto de almiscre.
-
noz moscada.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fuxir un animal cando pican nel as moscas ou tabáns.
-
Botar a andar.
-
Ofenderse unha persoa.
-
Facer un pequeno corte nas castañas para que non estoupen ao asalas.
-