"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Observatorio astronómico situado preto de París. Foi fundado en 1876 como unha sección do observatorio de París especializada en astrofísica. Os seus campos de traballo son a detección de cometas e a observación dos planetas e do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á migración.

    2. Aplícase aos individuos, grupos étnicos ou animais que realizan migración.

    3. Diferenza que se dá entre a emigración e a inmigración para un territorio e un período de tempo concretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia de Plauto que narra os amores aventurados entre o militar fanfurriñeiro Pirgopolinices e a rameira Filocomasia. Pertence ao xénero das palliata e pénsase que é unha das obras máis antigas do autor (205?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Ordenouse en 1914 e foi bispo auxiliar do cardeal Isidro Gomà en Toledo (1936), onde restaurou o culto mozárabe. En 1964 foi nomeado bispo de Barcelona cando esta diocese adquiriu esta nova condición. En 1967 dimitiu e retirouse a un convento de monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para amoestar ou advertir.

    2. Citación para comparecer ante un tribunal eclesiástico baixo pena de excomuñón ou de calquera outro tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica un adiamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Iwate, situada na illa de Honshū, Xapón (287.353 h [2000]). Posúe industria alimentaria e de mobles, e destaca a feira de cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo moriori.

    2. Individuo do pobo moriori.

    3. Pobo das illas Chatham, situado ao L de Nova Zelanda, que foi escravizado e nalgúns casos aniquilado polo pobo maorí cara a 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao morto ou as honras que se fan por el.

    2. cámara mortuoria.

    3. casa mortuoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á natación.

    2. Que se utiliza ou serve para nadar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘negro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras atópanse repartidas entre Ourense e O Bierzo. Destaca a igrexa parroquial de Santa María de Larouco (Larouco) e a igrexa de San Miguel de Las Dueñas (León).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca e bispo (428) de Constantinopla. Monxe en Antioquía e iniciador da corrente teolóxica do nestorianismo, foi deposto no Concilio de Éfeso (431) e exiliado ao Alto Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é publicamente coñecido ou sabido.

    2. Que é evidente e non amosa dúbidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escrito con que se dedica unha obra ou en que se nomea a alguén herdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro conde de Lemos, de Sarria e de Trastámara, e señor de Cabrera e Ribera. Foi mordomo e privado do Rei Afonso XI, quen lle outorgou en 1328 o título de conde de Lemos, sen carácter hereditario, e o nomeou adiantado maior de Galicia. En pouco tempo e polo seu mal goberno e desagradecemento ao monarca, confiscáronlle todos os seus bens e foi asasinado por Ramiro Flórez de Guzmán por orde do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obriga ou implica obrigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar axeitado para facer observacións.

      2. observatorio astronómico

        Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades. Os primeiros observatorios dos que se teñen referencia histórica foron construídos por Nemrod en Mesopotamia, hai 2.500 anos, e consistían en grandes pirámides. O mesmo tipo de edificacións foron construídas séculos máis tarde en China e en América do Sur. Os aparatos que había nos primitivos observatorios eran moi simples: a clepsidra, o gnomon e a frecha astronómica ou bésta, que servía para medir a altura dun astro sobre o horizonte e para medir a distancia angular entre dous astros. Nos observatorios da época grega utilizouse tamén a armila, o cuadrante, o astrolabio e a regra paraláctica, que se empregou ata finais do s XV. Os árabes construíron diversos observatorios, entre os que destacou o de Samarcanda (s XV), que serviron para establecer un importante catálogo de estrelas. En Europa os primeiros observatorios importantes non se construíron ata finais do s XV. Cara a 1471 Johann...

      3. observatorio meteorolóxico

        estación meteorolóxica.

    1. Lugar apto para a observación a distancia dun sector. Adaptados de acordo coa función para os que se designan, sempre conteñen material óptico e topográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rito da liturxia eucarística en que o celebrante ofrece o pan e o viño que van ser consagrados. O ofrecemento acompáñase dunha pregaria que normalmente relaciona o sentido das ofrendas coa festividade que se celebra. Na liturxia romana atópase despois da liturxia da palabra, ao inicio da liturxia do sacrificio.

    2. Antífona que acompaña o rito do ofertorio. Introducido por santo Agostiño, a súa composición variou segundo a época. Se inicialmente era cantado entre os versículos do salmo por varios coros, cos gregorianos comezaba cunha antífona seguida de varios versos de melodía libre e un refrán e, durante o Renacemento, preferiuse o seu tratamento a cappella. No s XVII converteuse nunha peza instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO