Núñez de Osorio, Álvar

Núñez de Osorio, Álvar

Primeiro conde de Lemos, de Sarria e de Trastámara, e señor de Cabrera e Ribera. Foi mordomo e privado do Rei Afonso XI, quen lle outorgou en 1328 o título de conde de Lemos, sen carácter hereditario, e o nomeou adiantado maior de Galicia. En pouco tempo e polo seu mal goberno e desagradecemento ao monarca, confiscáronlle todos os seus bens e foi asasinado por Ramiro Flórez de Guzmán por orde do rei.