observatorio
(
-
-
s
m
Lugar axeitado para facer observacións.
Ex: Na Ribeira Sacra hai varios observatorios para contemplar o canón do Sil.
-
observatorio astronómico
[ASTRON]
Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades. Os primeiros observatorios dos que se teñen referencia histórica foron construídos por Nemrod en Mesopotamia, hai 2.500 anos, e consistían en grandes pirámides. O mesmo tipo de edificacións foron construídas séculos máis tarde en China e en América do Sur. Os aparatos que había nos primitivos observatorios eran moi simples: a clepsidra, o gnomon e a frecha astronómica ou bésta, que servía para medir a altura dun astro sobre o horizonte e para medir a distancia angular entre dous astros. Nos observatorios da época grega utilizouse tamén a armila, o cuadrante, o astrolabio e a regra paraláctica, que se empregou ata finais do s XV. Os árabes construíron diversos observatorios, entre os que destacou o de Samarcanda (s XV), que serviron para establecer un importante catálogo de estrelas. En Europa os primeiros observatorios importantes non se construíron ata finais do s XV. Cara a 1471 Johann Müller, coñecido tamén como Regiomontanus, construíu un observatorio en Nuremberg e, en 1576 Tycho Brahe, baixo a protección de Federico II de Dinamarca e de Noruega, iniciou a construción do observatorio de Uranienborg. A invención do telescopio (1608) iniciou unha nova etapa na historia dos observatorios. Galileo, en 1610, foi o primeiro que observou o firmamento cun telescopio. Fundáronse diversos observatorios nacionais, como o de Leiden (1632), o de Copenhaguen (1637), o de París (1667) e o de Greenwich (1675). Arredor de 1860 a aplicación da fotografía á observación astronómica ampliou notablemente as posibilidades dos observatorios. A espectroscopia, xunto coa aparición de novos instrumentos, como o astrolabio impersoal, a cámara de Schmidt e o coronógrafo, deu lugar, por unha banda, ao nacemento da astrofísica, e por outra, á especialización de moitos observatorios. Cara a finais do s XIX comezáronse a equipar os observatorios con telescopios reflectores de dimensións xigantescas. En 1931 o nacemento da radioastronomía levou á creación de observatorios dotados dun radiotelescopio como instrumento fundamental. Os progresos acadados en astronáutica permitiron facer observacións astronómicas desde o espazo exterior.
-
observatorio meteorolóxico
[METEOR]
estación meteorolóxica.
-
s
m
-
s
m
[BÉL]
Lugar apto para a observación a distancia dun sector. Adaptados de acordo coa función para os que se designan, sempre conteñen material óptico e topográfico.