"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Enzima proteolítico, illado por primeira vez por J. H. Northrop, que cataliza a hidrólise dos enlaces peptídicos que presentan un grupo carbonilo pertencente a algún dos seguintes aminoácidos: fenilalanina, triptófano, tirosina, leucina, ácido aspártico ou glutámico. Segrégao a mucosa gástrica dos mamíferos en forma dun precursor inactivo (pepsinóxeno), que se converte en pepsina mediante a súa propia acción catalítica en presenza do ácido clorhídrico que contén a mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precursor inactivo do enzima pepsina, segregado pola mucosa gástrica. Activado polo ácido clorhídrico das células parietais das glándulas gástricas (chamadas oxínticas), dá lugar á pepsina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo efémero realizado durante o decenio 1950-1960 en EE UU, para conseguir o confinamento do plasma e a fusión nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Membro do equipo olímpico de EE UU desde o ano 2000, ao ano seguinte conseguiu a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo de Fukuoka e bateu dúas marcas mundiais nos Campionatos do Mundo de Barcelona (2003). Nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) obtivo seis medallas de ouro e dúas de bronce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo electrónico holandés creado a partir da fábrica de lámpadas incandescentes fundada por Gerard Philips, construída en Eindhoven en 1891. En España actúa a través de Philips Ibérica SA, creada en 1926 en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petroleira estadounidense, con sede en Bartlesville (Oklahoma), fundada en 1917. Desenvolve unha importante actividade no campo da petroquímica e das fibras sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da relación existente entre a porcentaxe de paro e a taxa de aumento dos salarios, segundo Alban William Housego Phillips, en 1958. Demostrou que no período 1861-1957, en Reino Unido, a relación destas dúas variables foi inversa dunha maneira estable; isto contradicía a recomendación de que para reducir o paro había que baixar os salarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e cantante estadounidense. En 1965 fundou o cuarteto vogal The Mamas and the Papas, con que obtivo un enorme éxito, especialmente coas cancións “Monday, monday” (Premio Emmy), e “California Dreamin”. Tras a disolución do grupo en 1968, editou en solitario os discos John Phillips (1969) e John the Wolfking of L.A. (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e actor inglés. Educado no Trinity College School e no King’s School de Peterborough, iniciou a súa carreira artística na compañía de F. R. Benson en 1885. No apartado literario, despois dos seus Poems (1897), escribiu algúns dramas en verso, titulados Herod (1901), Ulysses (1902) e Nero (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Investigador do National Institute of Standards and Technology de Maryland, descubriu (1988) que os átomos alcanzaban unha temperatura seis veces menor que a que fora calculada teoricamente. Recibiu o Premio Nobel de Física (1997), compartido con S. Chu e C. Cohen-Tannoudji, polo desenvolvemento do arrefriamento e captura de átomos por láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pequeno mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • coniferópsido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, xurista e político. Foi director xeral de Industria da Generalitat de Catalunya (1986-1988), ministro de Industria (1996-2000), de Asuntos Exteriores (2000-2002) e de Ciencia e Tecnoloxía (2002-2003), presidente do PP de Catalunya desde 2002 e, desde 2004, senador designado pola Comunitat Autònoma de Catalunya. Escribiu Política monetaria, estabilització econòmica i expectatives racionals: especial cosideració dels shocks d´oferta (1983). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, con distintivo branco (2003) e a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos podicípidos de ata 56 cm de lonxitude que presentan plumaxe de coloración escura, segundo as especies, e que ademáis varía no inverno e no estío, e co pico agudo e longo. Vive en zonas lacustres, pantanosas ou costeiras, alimentándose de pequenos invertebrados e peixes. Algúns representantes deste xénero en Galicia son o somorgullo cristado, o somorgullo orelleiro e o somorgullo pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necesidade esaxerada de beber.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polidipsia.

    2. Que ou quen está afectado de polidipsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome caracterizada polo desenvolvemento de hipertensión con proteinuria ou edema ou ambos síntomas, aparecida entre a vixésima semana de xestación e a primeira semana tras o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á primeira edición dunha obra antiga, dunha serie delas. OBS: Tamén se denomina edición príncipe.

    2. Estadista romano, que polas súas accións militares e administrativas, tomaba un papel determinante na vida política do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO