"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PRAIAS

    Praia e punta da parroquia de Samieira situada entre a praia Ouriceira ao N e a praia de Covelo ao S, concello de Poio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa poesía afástase dos gustos de Góngora, Lope ou Quevedo, tanto pola lingua coma pola temática tratada. Destaca como sonetista, composición á que imprime unha gran perfección formal. Postumamente publicou Rimas (1634). Como historiador deixou Información de los sucesos del reino de Aragón en los años 1590-1591.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de ensino primario, actriz e animadora teatral. Participou en colectivos como Barriga Verde, Joven Teatro Joven ou Teatro do Achádego, agrupacións teatrais que teñen como obxectivo a promoción do teatro para a infancia e a mocidade, e do teatro afeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crítico experto, pero excesivamente severo; emprégase como alusión ao crítico clásico do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Astrónomo grego. Da súa obra só perviviu Da magnitude e a distancia do Sol e da Lúa. Formulou por primeira vez unha teoría heliocéntrica completa, probablemente cara ao ano 280. Por outra banda, perfeccionou a teoría segundo a cal a terra xira ao redor do seu propio eixe, explicou o ciclo das estacións pola inclinación da eclíptica e contribuíu a unha mellor medición do ano trópico. A hipótese heliocéntrica de Aristarco foi moi combatida na súa época. Non volveu ser exposta ata finais do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo da escola de Alexandría, discípulo de Aristófanes de Bizancio, ao que sucedeu na dirección da Biblioteca de Alexandría desde o 153 aproximadamente ata o 145, cando se exilia en Chipre, onde morre. Consagrou o mellor do seu talento e a súa enerxía para depurar textos homéricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e ensaísta cinematográfico italiano. Teórico do Neorrealismo cinematrográfico italiano, foi fundador e director da revista Cinema Nuovo (1952). Os seus estudos críticos inspíranse na metodoloxía estética marxista de Gramsci e Lukács. Publicou os libros Storia delle teoriche del film (Historia das teorías cinematográficas, 1951), Cinema italiano 1960: Romanzo e antiromanzo (Cine italiano 1960: romántico e antirromántico, 1961), Il dissolvimento della ragione: discorso sul cinema (A disolución da razón: discurso sobre cine, 1966), e I sussurri e le grida (Murmurios e berros, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e novelista francés. Formou parte da dirección de La Nouvelle Revue Française (A Nova Revista Francesa) e publicou novelas e contos de intención moralista, entre outros, L´Ordre (A orde, Premio Goncourt, 1929) e o libro de relatos Attendez l´aube (Esperade a alba, 1970). Publicou tamén ensaios de crítica como Proche du Silence (Achegado ao silencio, 1973) e o dietario Je vous écris (Escríbovos, 1960-1963). Foi elixido membro da Académie Française en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo óu pertencente á flora artoterciaria, diferenciada durante o Mioceno nas terras boreais e da que procede unha gran parte da actual flora do reino holártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aseverar.

    2. Proposición na que se dá como certa unha cousa (sexa en forma positiva ou negativa), por oposición á dúbida ou á interrogación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico esloveno. Foi ordenado sacerdote en 1880, pero deixou o sacerdocio trala publicación de Balada in romance (1890) para converterse no voceiro do anticlericalismo do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de xacementos arqueolóxicos (Ibeas, Burgos) ben diferenciados onde se atopa a clave da evolución humana durante o Plistoceno medio en Europa. Do conxunto de depósitos espallados polas covas da serra, tres foron escavados durante os últimos vinte anos: Trinchera Galería (TG), Trinchera Dolina (TD) e a Sima de los Huesos (SH), proporcionando fósiles que permitiron reconstruír un dos conxuntos de homínidos máis completos coñecidos en Europa. Na Sima de los Huesos ata finais do século XX recuperáronse diversos fragmentos óseos e algúns cranios pertencentes a preto de trinta individuos asignados polos seus descubridores á especie Homo heidelbergensis, precursor do Neandertal, datados hai 250.000 anos. Non aparecen asociados a industrias líticas ou con pegadas de carnívoros, polo que as causas da súa acumulación poderían deberse a algún acontecemento catastrófico ou acción humana. En Trinchera Dolina apareceron máis de 80 fósiles humanos de todas as partes do esqueleto, dentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre,afiliado ao Partido Socialista Obrero Español. Foi Secretario Xeral da agrupación local do Barco e da comarcal de Valdeorras. Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, entre decembro de 1987 e outubro de 1989, cubrindo a baixa do electo Manuel Veiga Pombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador de arte. Autor de numerosas obras sobre a arte románica e gótica francesa como La sculpture française au Moyen Áge (A escultura francesa na Idade Media, 1947) e sobre a arte catalá coa obra L’art de la Catalogne (A arte de Catalunya, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor da tradición popular de Brueghel. Inspirouse en Gillis van Coninxloo e Brueghel o Vello, pintando paisaxes invernais con pequenas figuras que patinan sobre xeo. A súa obra Gran escena invernal con patinadores (Rikjsmuseum de Amsterdam) é unha clara mostra da súa temática. A súa paleta é clara e fría, con tons grises e brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e autor teatral ruso. Emigrou a París despois da revolución do 1917. Satirizou a vida burguesa cun humor festivo que contrasta coa amargura habitual do humor ruso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.

    VER O DETALLE DO TERMO