"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado en Roma xunto co seu irmán Feliciano. Segundo a lenda os leóns e os osos que mandaron para a súa tortura, deitáronse aos seus pés. Morreron degolados e deixaron os seus corpos abandonados aos cans e ás aves, que tampouco os picaron. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Infección que ten lugar por primeira vez.

    2. Infección primeira ou orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habilidade e esmero con que se fai unha cousa.

    2. Cousa feita con habilidade e esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é a orixe ou fundamento de algo.

    2. Que é moi importante, fundamental ou necesario

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano no seu primeiro estadio de formación.

    2. Órgano que, tras a fecundación, se transforma en semente. OBS: Tamén se denomina rudimento seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • KRAJ

    Ou Territorio do Litoral Kraj de Rusia (165.900 km2; 2.195.300 h [estim 1999]). A súa capital é Vladivostok. Comprende o litoral do mar de Xapón, a metade meridional dos montes Sikhote-Alin’ e a maior parte da chaira de Prikhanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é excelente pola súa delicadeza, esmero ou beleza.

    2. Que fai as cousas con destreza e esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fillo ou á filla que naceu primeiro.

    2. Liña orixinada polo fillo primoxénito da estirpe e continuada polos sucesivos primoxénitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de primoxénito.

    2. Conxunto de dereitos do primoxénito. No Antigo Testamento, o primoxénito do pai tiña dereito a unha parte dobre dos bens paternos e a ser o cabeza de familia, e o da nai tiña que ser consagrado a Iavé. Na Idade Media, pola lei sálica, o feudo era indivisible, inalienable e transferible ao primoxénito home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das primuláceas, con follas basais, en roseta, ovais ou lanceoladas, flores pentámeras, xeralmente amarelas, agrupadas en umbela, e froitos en cápsula valvar. Hai máis de 200 especies, a maioría propias da rexión holártica. En Galicia aparecen a prímula ou herba de san Paulo e o cáncaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primuláceas.

    2. Planta da familia das primuláceas.

    3. Familia de primulais formada por plantas herbáceas, de follas simples basais e regulares, hipóxinas e pentámeras, e froitos capsulares. Son propias das rexións holárticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primulais.

    2. Planta da orde das primulais.

    3. Orde de dicotiledóneas simpétalas, integrada por plantas herbáceas ou leñosas, de follas alternas, sen estípulas, con flores pentámeras, actinomorfas, con cinco estames e pétalos opostos, ovario súpero e froitos capsulares ou carnosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de colorantes derivados do tiazol que conteñen a estrutura básica da deshidrotio-p-toluidina, que se emprega na tintura do algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente pulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pulvimetalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa xudía celebrada o 14 e 15 do adar (os primeiros días de marzo), en conmemoración da data en que se salvaron da matanza decretada por Hamán, nunha data elixida a sorteo por el mesmo, en tempos do Rei Asuero. O día anterior á festa faise xaxún. Durante a celebración lese o libro de Ester onde se relatan os feitos, cómense doces, realízanse representacións de relatos bíblicos, os nenos disfrázanse e intercámbianse regalos, que se envían aos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila gabaonita de Palestina, situada preto de Xerusalén. Sometida polos israelitas, foi agregada a Xudea. Nela permaneceu, en mans dos filisteos, a arca da alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO