"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Político. Foi presidente da Deputación Provincial da Coruña (1974-1977) e procurador en Cortes como representante da Deputación Provincial da Coruña (1975-1977). Durante o seu mandato remodelouse o pazo de Mariñán a adquiriuse o castelo de Vimianzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Chema Madoz, formouse en historia da arte na Universidad Complutense de Madrid e en fotografía no Centro de Enseñanza de la Imagen. Na súa obra desenvolveu o concepto de obxectos, unha constante nas súas imaxes. Expuxo parte dos seus traballos na Real Sociedad Fotográfica de Madrid (1985), na Sala Minerva do Círculo de Bellas Artes (1988), no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1991) e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1999). Publicou Chema Madoz (1985-1995) (1995) e Mixtos-Chema Madoz (1998). Recibiu o Premio Kodak (1991) e o Premio Nacional de Fotografía de España (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e escritor. Emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu El Fígaro en Tucumán e colaborou en El Gil Blas e na prensa bonaerense. Foi xefe da oficina de estatística de Tucamán, desde onde publicou Anuario de Estadística de la Provincia de Tucamán. Publicou tamén La mortalidad infantil en Tucumán (1859), Memoria descriptiva de la provincia de Tucumán (1888) e Vivios y virtudes de las clases obreras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social. Das súas publicacións destaca Valencia-Galicia, estudo práctico acerca del tratamiento más eficaz del cólera morbo asiático, método seguido en la epidemia colérica de Valencia del presente año (1885), que publicou tras unha estada en València como colaborador na loita contra o cólera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, das súas obras destacan La Transición morfoclimática en la cuenca del Ulla (1982) e La inversión en el sector agropecuario de Galicia: estrutura y objetivos (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. Construíu parte do claustro do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1653). En 1663 fíxose cargo da dirección das obras do convento da Purísima Concepción das Recoletas Agostiñas de Lugo e da construción da súa igrexa, e en 1675 do claustro e de parte dos edificios do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. No convento de San Francisco de Viveiro refixo a fachada e construíu o campanario (1692), e en Mondoñedo encargouse da reparación da capela de Nosa Señora dos Remedios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Fixo o estanque do colexio da Compañía de Xesús de Villafranca del Bierzo e parte das obras do convento de San Domingos de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Doutorouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Estudio histórico bio-bibliográfico del termalismo. Principales surgencias de la provincia de Ourense (1988). Especializouse en medicina preventiva e saúde pública. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Vila termal (1995). Desde 1999 é académico da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Manuel Moldes, formou parte do grupo Atlántica. A súa pintura, que partiu dunha base expresionista (Electric man, 1977), desembocou na década de 1980 nunhas representacións en que predominaron a figuración abstracta (Aquenón, 1980; Presenzas de Afonso X, 1981), e un forte protagonismo da liña. Desta época destacan O abó-Gran Dida no sillón (1983), Oubea o lobo (1985), Vigo traballa (1986) e o mural O río da vida (1987), realizado para a sede da UNED en Pontevedra. Desde finais desta década e xa na de 1990 pasou a incluír diferentes materiais nas pinturas como madeiras ou ferros (A catedral, 1987; Gran construtor, 1991; Orixe e desenrolo da gran espiral no camiño que leva a unha estrela, 1992). Desde 1996 a abstracción foi totalmente predominante (Gran Mamma fundida no seu tempo, 1995-1996; Ensoñación Adán e Eva, 1996) e foi a serie Vieiros a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e bibliófilo. Dedicouse ao estudo da poesía do s XVI e á procura e catalogación de pregos soltos poéticos e manuscritos. Foi vicepresidente de The Hispanic Society of America e membro da Real Academia Española desde 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, marqués de Santa María. Foi auditor xeral do exército e fiscal do Consello Supremo de Guerra. Militou no liberalismo moderado, baixo a sombra de U. Montero Ríos. Foi senador pola provincia de Pontevedra en oito lexislaturas (1905-1907 e 1910-1923) e pola de Lugo (1907-1910). Colaborador do xornal El Español, publicou Manual Práctico de los Tribunales Militares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. De orixe galega, formouse nos conventos de Salamanca e Valladolid e dedicouse ao ensino. Desde 1808 foi prior do convento salmantino. En 1815 recibiu o título de xeral da Orde co maxisterio en Teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela, Madrid, Xenebra e París. Profesor numerario de química industrial e orgánica na Escuela Central de Artes e Industria, formou parte do cómite internacional para a publicación das táboas físico-químicas. Escribiu artigos científicos en revistas especializadas e as obras La Radiofonía (1883), La noción del cuerpo simple en la Química moderna (1884) e Las disoluciones sólidas (1906-1907). Foi académico numerario da Real Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Catedrático de Dereito Penal na Universidad Autónoma de Madrid desde 1970, foi relator xeral da comisión redactora do proxecto do novo Código Penal de 1980 e profesor nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela. No ámbito xudicial escribiu Aplicación judicial del Derecho y lógica de la argumentación jurídica (1988) e El Derecho español en el siglo XX (2000). No eido literario foi un dos fundadores do movemento da Nova Narrativa Galega. Colaborador da revista Vamos e do xornal La Noche, da súa produción destacan Nasce unha árbore (1954), en que inclúe tres relatos compostos con técnicas innovadoras e onde a realidade se trata con trazos fantásticos, ademais da utilización do monólogo interior e dos espazos mitolóxicos; e Memoria de Tains (1956), onde o autor emprega a técnica epistolar para reflectir os problemas existenciais dos personaxes. Os seus relatos están marcados polo simbolismo, o entrelazamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Copiloto de rallyes. Entre os anos 1988 e 2003 disputou con Carlos Sainz o campionato do mundo, título que conseguiu en 1990 e 1992. En 2003 converteuse no director deportivo de Subaru Rally Team.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Soprano. Coñecida como María Luísa Nache, conxugou un concepto integral da interpretación e realizou diversas actuacións por todo o mundo. Debutou en 1945 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e, despois dunha xira por toda España, marchou a Italia para perfeccionar os seus coñecementos. Compartiu os principais escenarios do mundo, como o Teatro alla Scala de Milán e o Metropolitan de Nova York con Franco Corelli, María Callas ou Fedora Barbieri. Estableceuse en Milán e interpretou óperas de G. Verdi (Aida, Otello e Il Trovatore) e Puccini (Tosca). Ao seu regreso a Galicia (1963) ensinou no Conservatorio Profesional de Música e Declamación da Coruña, e non volveu aos escenarios ata 1975. A partir desa data estreou diversas obras musicais galegas, especialmente do mestre Rogelio Groba. En 1976 foi nomeada académica da Real Academia Provincial de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario de La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Dirección de Empresas pola Escola de Negocios de Caixanova, foi correspondente da RAG e da TVG en Vigo. Colaborador en distintos medios impresos, foi redactor xefe de Ondas Galicia Radio (1985-1987), editor e presentador de Deportes Fin de semana e xefe de deportes da TVG (1993-1996). Foi director do Centro Territorial en Galicia de Televisión Española (1998-2004) e posteriormente xerente do Padroado de Turismo Rías Baixas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Eduardo Ochoa, foi director das Mostras Fotográficas de Lugo. Colaborador habitual da prensa, participou en diversas mostras en Ourense, Vigo, Madrid, Murcia e Zarautz. Interesado pola recuperación da fotografía en Lugo, mantivo unha fotografía de tendencia expresionista e abstracta, con predilección pola temática arquitectónica e xeométrica. Ilustrou os libros Lugo Blues (1987) e Meta-relatos (1988), de Claudio Rodríguez Fer; participou no catálogo Memoria Visual de Lugo (2001) e en mostras como a Fotobienal de Vigo ou o Outono Fotográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, pintor e ceramista. A súa escultura orientouse cara ao clásico, cun predominio da representación de figuras humanas de contornos arredondados. Empregou diversos materiais como o bronce, a terracota ou o granito. A súa pintura, de paleta multicolor, enlazou coa temática galega tradicional (pobos de pescadores, escenas da vida cotiá), aínda que nun ton en certo modo cultista, coa representación de poboados celtas, murallas romanas ou antigos templos. Nas súas cerámicas predominaron os tons rosas e azuis. Recibiu o primeiro premio de Escultura da Exposición Nacional de Artes Plásticas (1962).
VER O DETALLE DO TERMO