Rodríguez Nache, María Luísa

Rodríguez Nache, María Luísa

Soprano. Coñecida como María Luísa Nache, conxugou un concepto integral da interpretación e realizou diversas actuacións por todo o mundo. Debutou en 1945 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e, despois dunha xira por toda España, marchou a Italia para perfeccionar os seus coñecementos. Compartiu os principais escenarios do mundo, como o Teatro alla Scala de Milán e o Metropolitan de Nova York con Franco Corelli, María Callas ou Fedora Barbieri. Estableceuse en Milán e interpretou óperas de G. Verdi (Aida, Otello e Il Trovatore) e Puccini (Tosca). Ao seu regreso a Galicia (1963) ensinou no Conservatorio Profesional de Música e Declamación da Coruña, e non volveu aos escenarios ata 1975. A partir desa data estreou diversas obras musicais galegas, especialmente do mestre Rogelio Groba. En 1976 foi nomeada académica da Real Academia Provincial de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario de La Coruña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña