"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Militante do occitanismo, a súa poesía, desde Cap de l’aiga (1952), tivo un papel destacado na actualización da expresión literaria en lingua de oc, o que se confirmou en Cor prendre (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Northumbria, Inglaterra. Foi un importante centro cultural e relixioso, cunha importante escola de copistas na que se crearon formas propias de filigrana, animais e plantas, entre as que destaca Evanxeliario de Lindisfarne. No s X a comunidade trasladouse a Durham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da Terra que se estende desde a superficie terrestre ata a astenosfera. Comprende toda a cortiza e unha parte do manto superior. O seu grosor varía desde uns 70 km baixo os océanos ata uns 150 km baixo os continentes. Está fragmentada nun conxunto de bloques de extensión desigual denominados placas litosféricas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formulación matemática que, na teoría da relatividade, dá a correspondencia entre as coordenadas x, y, z, t dun sistema de referencia inercial s e as coordenadas x’, y’, z’, t’ doutro sistema S’ que se move cunha velocidade v rectilínea e uniforme respecto ao primeiro e ao longo do eixe x. Se nestas relacións se consideran velocidades v moi inferiores á da luz, obtéñense as fórmulas de transformación de Galileo da mecánica clásica (principio da relatividade de Galileo). Na transformación dun segmento, canto máis grande é a velocidade v do sistema móbil S’ respecto ao s, máis pequeno se ve o segmento no sistema móbil. Este fenómeno denomínase contracción de Lorentz-FitzGerald.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que construíu Otto von Guericke (1654) para mostrar os efectos da presión atmosférica. Consiste en dous hemisferios metálicos baleiros, duns 70 cm de diámetro, colocados formando unha esfera da que se extraeu o aire, e que custa moito separalos debido a que os mantén unidos a presión atmosférica non contrarrestada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa superior da atmosfera da Terra, situada por riba dos 1.000 km de altitude, entre a ionosfera e a magnetopausa, ata onde chega a influencia do magnetismo terrestre. Componse polos electróns e protóns do vento solar e da radiación solar captados polo magnetismo terrestre. Distínguense dous aneis de radiación forte, denominados cinturóns de radiación de Van Allen, cara aos 4.000 e os 15.000-20.000 km, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, fillo natural de Peter Ernst von Mansfeld (? 1517 - Luxemburgo 1604), militar que serviu a Filipe II nas guerras de Flandres. Ao serlle negada a herdanza paterna, pasou ao servizo dos príncipes protestantes (1610). Foi un dos militares máis distinguidos da Guerra dos Trinta Anos, con varias vitorias, ata que foi derrotado por Wallenstein en Dessau (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada en Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Maun (58.949 h [1981]). É o centro da rexión carbonífera de Nottingham e posúe industrias de electrónica, mecánicas e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora neozelandesa. Coñecida como Katherine Mansfield, deuse a coñecer no grupo de Bloomsbury. Comezou publicando os seus relatos nas revistas Rythm e The Blue Review, e revelouse como unha escritora de estilo moi persoal e sensible, influída por Čekhov, no libro In a German Pension (1911). Escribiu, tamén, Bliss, and Other Stories (1920), The Garden Party, and Other Stories (1922), Poems (1923) e Something Childish, and Other Stories (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kathleen Mansfield Beauchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Dedicouse ao desenvolvemento de gradientes no campo magnético para poder mellorar a precisión da resonancia magnética, demostrando que os sinais podían analizarse matematicamente e transformarse en imaxes. Escribiu numerosos artigos, como “Controlled E-field gradient coils” (2003) e “Optimized gradient pulse for use with EPI employing active acoustic control” (2003). En 2003 recibiu, xunto con P. Lanterbur, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus avances na resonancia magnética, que melloran o diagnóstico e tratamento de enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. De nome Šalom Ya’akov Abramovitz, formouse na tradición hebrea estrita, e propuxo a reforma e a educación das comunidades xudías en Rusia. Comezou a súa obra con sátiras escritas nun hebreo de estilo bíblico, que decontado substituíu polo yiddish, co que se converteu así nun dos creadores do yiddish literario moderno. Da súa produción destacan as novelas Dos Kleyne Menshele (O home pequeno, 1864), Kitser masoes Binyomin hashlishi (Viaxes e aventuras de Benxamín III, 1875) e Sefer ha-kabzanim (O libro do mendigo, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transistor de efecto campo que se basea nas unións metal-semicondutor. É apropiado para microondas e conmutación a alta velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa da Terra que se sitúa entre a astenosfera e o centro do planeta.

    2. Capa da atmosfera da Terra que se estende entre os 40 e os 80 km de altitude e que se caracteriza pola ausencia de vapor de auga, pola rarefacción do aire e pola presenza de ozono. Aos 55 km hai unha franxa cálida (máis de 100°C), a partir da que as temperaturas empezan a baixar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido metafosfórico (HPO 3 ) 3 . Nin o ácido nin os seus sales están en forma de monómero.

    2. Anión de fórmula (PO 3 - ) n , que se pode considerar derivado do ácido metafosfórico por perda dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido metafosforoso (HPO 2 ) n .

    2. Anión de fórmula (PO 2 - ) n , que se pode considerar derivado do ácido metafosforoso (HPO 2 ) por perda dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monobásico de aspecto vítreo, que se obtén por quentamento dos ácidos ortofosfórico ou pirofosfórico a 300°C, ou por calcinación do fosfato amónico, segundo a ecuación (NH4)2HPO4 D HPO3+2NH3+H2O. Emprégase en odontoloxía e en química analítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito pequeno, esférico e facilmente hemolizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presenza de microesferocitos no sangue.

    2. esferocitose hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulso débil que se percibe nalgúns estados morbosos.

    VER O DETALLE DO TERMO