"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Louis Charles Adélaïde Chamisso de Boncourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e actriz cinematográfica. Debutou en 1943 e protagonizou diversas longametraxes como Singing in the Rain (Cantando debaixo da chuvia, 1952), de S. Donen e Gene Kelly, Band Wagon (Melodías de Broadway, 1953), de V. Minnelli, e Silk Stockings (A bela de Moscova, 1957), de R. Mamoulian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de danza no que se fai escorregar suavemente unha perna sobre unha das posicións abertas ata dobrala, de xeito que descanse nela o peso do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1831 comezou a asistir ao obradoiro de Ingress en Roma, onde realizou Lacordaire (1840). Nas súas obras intentou compaxinar o clasicismo de Ingress co colorido de Delacroix. En 1846 viaxou por Alxeria e, desde entón, cultivou a temática oriental (Toilette d’Esther, 1841). Atraído pola figura feminina, realizou nus dunha delicada elegancia (Ninfa durmida, 1850). Entre 1844 e 1848 decorou con alegorías da paz e da guerra a Cour des Comptes do Palais d’Orsay en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica homónima da localidade francesa de Chassey, no departamento de Saône-et-Loire, onde se descubriu o primeiro xacemento no ano 1864. Corresponde ao grupo do segundo Neolítico do Occidente europeo e ocupou a maior parte do territorio do actual estado francés. Era unha sociedade fundamentalmente agrícola que tamén practicaba a gandería. É típica dela un tipo de peza de cerámica de asa horizontal, con diversas perforacións, coñecida como frauta de Pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Licenciado en Dereito, realizou estudios musicais con Massenet no Conservatorio de París e foi secretario da Société Nationale de Musique. Influenciado por César Franck e Wagner, destacou na música de cámara (Concert, 1889 e Quatuor avec piano, 1897) e na música sinfónica (Symphonie en si bémol, 1890 e Poème, 1896). Compuxo, ademais, a ópera Le roi Arthus (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. Cultivou a poesía e a novela e recibiu o premio Goncourt pola obra L’Ogre (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, historiador e liturxista francés. Canónico e profesor en Lyon. Entre as súas obras destacan Répertoire des sources historiques du Moyen âge (Repertorio dos manantiais da Idade Media 1873-1903), e o Repertorium hymnologicum (1892-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios da familia dos salamándridos. Está constituído por unha única especie C. lusitanica, denominada comunmente como salamántiga ou píntega rabilonga. Constitúe unha especie endémica do noroeste da Península Ibérica; aparece en regatos limpos e osixenados de Galicia, os dous tercios setentrionais de Asturias e a metade norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Turín, no Piemonte, Italia, situada á beira do río Po (9.064 h [1991]). No seu termo municipal está instalada unha central térmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou San Salvador de Cinis Antigo mosteiro situado en San Salvador de Seoane (Monforte de Lemos) fundado no s X por dona Mansuria ou Mansuaria. Pertenceu ao mosteiro de San Xián de Samos tralas doazóns de dona Elvira, filla de Vermudo II, no 1024, e de Vermudo Afonso no 1098.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade prerromana do litoral de Catalunya, de dubidosa situación. O seu nome relacionouse co de Cesse, que figura nas inscricións das moedas ibéricas, citadas polos historiadores romanos durante a segunda Guerra Púnica. No ano 218 a C, pouco despois do desembarco romano en Empúries, o xeneral Cneo Cornelio Escipión derrotou nesta cidade as forzas cartaxinesas dirixidas por Hanno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldados de mariña romanos que se recrutaban ao principio do Imperio entre os escravos procedentes da familia imperatoris. En tempos do Emperador Clodio, este servizo prestárono os peregrinos. Con Adriano obtiveron o dereito latino e con Caracalla a cidadanía romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dinamarqués. Influído polo simbolismo e polas correntes ideolóxicas e estéticas de finais do s XIX, publicou recolleitas poéticas e narracións eróticas como Unge Bander (Lazos novos, 1894) e Kitty (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Boxeador norteamericano. No 1965 converteuse ao Islam co nome de Mu ḥ ammad Alī. Campión Olímpico nos Xogos de Roma 1960, conseguiu o campionato do mundo de pesos pesados profesionais (1964) e mantivo a imbatibilidade ata 1967. Renovou o título en 1974 e retirouse no 1980. Pola súa oposición á Guerra do Vietnam sufriu unha intensa campaña de desprestixio e mesmo houbo xestións do Comité Olímpico dos EE UU para desposuílo do seu título olímpico que finalmente fracasaron. Abafado, guindou ao mar a súa medalla de ouro. Enfermo de párkinson, converteuse nun destacado activista na loita contra esta enfermidade. En 1996 ofrecéuselle un acto de desagravio ao ser elixido para prender o lume olímpico nos Xogos da XXVI Olimpíada, celebrados en Atlanta. O Comité Olímpico Internacional entregoulle unha réplica da medalla obtida nos Xogos de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e debuxante. Estudiou e debuxou con Robert Adams (1758) as ruínas do palacio de Spalato (actual Split). Foi arquitecto de Catarina II de Rusia (1783) e colaborou con Thomas Jefferson nos EE UU. Contribuíu á valoración da arquitectura da Antigüidade. Foi autor, entre outras obras, do Château Borely (1766), en Marsella, e do palacio do gobernador de Metz (1776-1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros da familia dos ninfálidos, de bolboretas de talle mediano con ás de 4 cm de envergadura e de cor castaña alaranxada con manchas negras. En Galicia están presentes as especies C. selene, C. euphrosyne e C. dia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola privada de belas artes fundada en Montparnasse (París) polo escultor napolitano Ernesto Colarossi na segunda metade do s XIX. Asistiron a ela, entre outros, Gauguin, George Grosz e Modigliani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. En 1960 fundou a Orquestra de Cámara de Israel e foi director da Ópera de Bucarest, da Orquestra Sinfónica de Haifa (Israel), da Orquestra Sinfónica do Ulster e da de Baltimore. Así mesmo, asumiu a dirección das orquestras de Vancouver, Helsinqui e RTVE.

    VER O DETALLE DO TERMO