Clay, Cassius
Boxeador norteamericano. No 1965 converteuse ao Islam co nome de Mu ḥ ammad Alī. Campión Olímpico nos Xogos de Roma 1960, conseguiu o campionato do mundo de pesos pesados profesionais (1964) e mantivo a imbatibilidade ata 1967. Renovou o título en 1974 e retirouse no 1980. Pola súa oposición á Guerra do Vietnam sufriu unha intensa campaña de desprestixio e mesmo houbo xestións do Comité Olímpico dos EE UU para desposuílo do seu título olímpico que finalmente fracasaron. Abafado, guindou ao mar a súa medalla de ouro. Enfermo de párkinson, converteuse nun destacado activista na loita contra esta enfermidade. En 1996 ofrecéuselle un acto de desagravio ao ser elixido para prender o lume olímpico nos Xogos da XXVI Olimpíada, celebrados en Atlanta. O Comité Olímpico Internacional entregoulle unha réplica da medalla obtida nos Xogos de Roma.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Louisville