"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Historiador, político e poeta. Durante o reinado de Pedro I de Castela participou nas loitas civís entre este e o seu irmán Enrique de Trastámara e foi alcalde de Toledo. Foi chanceler durante o reinado de Enrique II de Castela. Na Batalla de Aljubarrota en 1385 capturárono os portugueses. Durante a súa catividade escribiu Rimado de palacio, de carácter didáctico-moral. Liberado, participou de novo nos asuntos de goberno e foi embaixador en Francia. Escribiu Crónicas de los reyes de Castilla, que comprende os reinados de Pedro I, Enrique II, Xoán I e unha parte do reinado de Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Logrou o éxito internacional polos seus traballos en Francia. Gañou o premio César 1998 ao actor máis prometedor por Western (1997), e o premio ao mellor actor europeo por Harry, un ami qui vous veut du bien (2000). Tamén traballou en Arde, amor (1999), Solo mía (2001), Dirty Preety Things (2002) e Chemins de traverse (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Francés, formouse na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. As súas obras caracterízanse pola forza da materia e a sobriedade das formas. Traballou a madeira, o granito, o aceiro, o latón, a prata e o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico, economista e político. Experto en Dirección e Xestión de Programas Culturais, foi subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1990). Foi presidente do Ateneo de Pontevedra (1990-1996) e concelleiro de Pontevedra (1995-1999), e ademais, foi elixido deputado do Parlamento galego na V e VI lexislaturas e responsable de organización da executiva do PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso agostiño. Coñecido como o Cicerón galego e Tertulián español, foi elexido vigair xeral no convento de Nostra Signora delle Grazie (Nápoles). Escribiu Flores Amoenae Eruditionis, Quinque Porticus Moralis Probatiae Piscinae Misticae Sanitatis (1717) e Phoenix Renatus ad Thora Augustinus, sobre a vida de Santo Agostiño (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago francés, de orixe coralina, situado en Melanesia, Oceanía (2.072 km2; 15.510 h [1983]). Depende administrativamente de Nova Caledonia. As illas principais son Ouvéa, Lifou e Maré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan de Contreras y López de Ayala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Zambia, situada no centro do estado, entre Kitwe e Ndola (146.275 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e matemático. Exiliado por Carlos III, residiu en Ferrara e ensinou filosofía e ciencias na Universidade de Camerinok, en Parma e en Cremona. Foi membro da academia de Mantua e publicou diferentes artigos en revistas italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na rexión de Centro-Sur (759.752 h [1990]). É un importante centro industrial e posúe a fábrica de tractores máis importante de China. Durante a novena dinastía foi capital do país e centro relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Faisalabad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e administrador colonial francés. Iniciou a súa carreira no N de África, onde foi nomeado comandante. De 1894 a 1902 foi enviado a Indochina e a Madagascar. Nomeado xeneral, en 1903 foi destinado a Alxeria e dirixiu a pacificación. Despois dos feitos sanguentos de Fez de 1912, foi nomeado residente xeral en Marrocos onde pacificou a poboación e gañou a confianza dos indíxenas ao mellorar o seu nivel de vida e ao apoiarse nas súas elites que se converteron en axentes coloniais. Nomeado ministro de Guerra (1916) dimitiu ao ano seguinte e volveu a Marrocos. Mariscal de Francia (1921), dimitiu do cargo en 1925 cando recibiu o mando das tropas que combatían Abd el-Krim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India (308.255 km2; 60.385.118 h [2001]). A capital é Bhopāl. Está situado no centro do país, ao N do Deccan. Inclúe a parte superior das concas dos ríos Narbadā e Mahānadī e está accidentado polos montes Mahādev e Maekal. O clima é monzónico, con veráns calorosos e invernos suaves. As principais cidades son Bhopāl, Indore, Gwalior e Jabalpur. A agricultura ocupa á maior parte da poboación e os bosques cobren un terzo da superficie do estado. Posúe explotacións de ferro, carbón, manganeso, bauxita e diamantes. Na industria destaca a cerería, as industrias mecánicas, de material eléctrico, do cemento, téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica do budismo fundada no s II por Nāgārjuna. Orientada cara ao nihilismo, caracterízase pola afirmación da vacuidade das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma evolucionada do budismo formada en India por Aśvaghosha e os seus discípulos, e que se estendeu por China, Corea, Xapón e Tibet. Opúxose ao hīnayāna e caracterizouse pola crenza na salvación por medio da fe nos bodhisattva, especialmente en Amitābha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Liberal, participou na revolución de 1868. Foi deputado a Cortes (1873, 1879, 1881 e 1886), alcalde de Alacant e ministro de Estado e da Gobernación (1873) na Primeira República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discípulo de Buda. Foi un dos grandes bodhisattva do mahāyāna. Considérase o sucesor de Buda e o salvador do mundo actual, que restaurará por última vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, situada en Anatolia Central, Turquía (400.248 h [1997]). Situada nunha ampla planicie posúe cultivos de albaricoques e   opio. Na Antigüidade formou parte do Imperio Hitita. Destruída por Cosroes I no 577, foi reedificada polos árabes no 756. Dominada polos cruzados (1097-1099), caíu en poder dos turcos en 1102, que a incorporaron ao sultanato de Iconio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (11.752 km2; 823.521 h [1997]). A súa capital é Malatya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista ucraíno. Naturalizado estadounidense, fundou a revista académica Romance Philology (1946), que dirixiu ata 1982. Traballou sobre lingüística diacrónica, historia da lingüística e sobre etimoloxía hispánica. Escribiu Essays on Linguistic Themes (1968) e Etymological Ditionaries: A Tentative Typology (1976). Foi presidente da Linguistic Society of America (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO