Malatya

Malatya

Capital do il homónimo, situada en Anatolia Central, Turquía (400.248 h [1997]). Situada nunha ampla planicie posúe cultivos de albaricoques e   opio. Na Antigüidade formou parte do Imperio Hitita. Destruída por Cosroes I no 577, foi reedificada polos árabes no 756. Dominada polos cruzados (1097-1099), caíu en poder dos turcos en 1102, que a incorporaron ao sultanato de Iconio.