"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.128 km2; 283.433 h [1998]). A capital é Caltanissetta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes da familia das ranunculáceas de ata 30 cm de lonxitude, de talos ocos, follas en forma de corazón de pecíolo longo e de 10 cm de diámetro, flores de cinco sépalos amarelos, de ata 5 cm de diámetro e con estames numerosos, e froito en folículo. A especie C. palustris ou herba centella é propia de zonas húmidas, especialmente das beiras de fontes e regueiros, e resulta tóxica para o gando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de caltrir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estiñar o sangue, castrar as feridas e curar outras enfermidades co cauterio.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao O do encoro de Contreras (1.687 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura coa produción de cereais, legumes, oliveiras e viña, e a gandería lanar e caprina.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Gabín, no concello de Montederramo, e Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. O seu cumio atópase a 1.411 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo norteamericano. Foi un dos primeiros en aplicar a exploración radiolóxica ao estudo da fisioloxía dixestiva (1898). Realizou ademais investigacións básicas sobre a fisiopatoloxía da glándula suprarrenal e foi o introdutor do concepto de homeostase.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Seteventos, no concello do Saviñao. O seu cumio acada os 603 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do bordo do val da Barcala, que serve de límite ás parroquias de Corneira (concello da Baña), Landeira e A Pena (concello de Negreira). O seu cumio acada os 326 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio acada os 1.448 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Castro de Escuadro (concello de Maceda) e Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.042 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Introdutor das técnicas cuantitativas, incorporou á xeografía as investigacións do economista von Thünen. Formulou a teoría dos lugares centrais, elaborada a partir dos seus estudios de doutoramento sobre a distribución das cidades meridionais de Alemaña e plasmada na súa obra Die Zentralen Orte in Süddeutschland (Os lugares centrais na Alemaña do Sur, 1933). Despois do seu doutoramento, incorporouse á administración pública e nomeárono presidente dos servicios de ordenación territorial da Alemaña do III Reich. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial separárono da función pública ata que o rehabilitaron na década dos sesenta do s XX. Nos seus últimos anos de vida dirixiu o departamento federal de planificación turística da Alemaña Occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do extremo setentrional da illa de Monteagudo ou do Norte, no arquipélago e parroquia das Cíes (concello de Vigo). O seu cumio acada os 188 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Club 49 Agrupación fundada en Barcelona (1949) que tomou o seu nome da revista de arte Cobalto (1947-1948). Creouse coa finalidade de dar a coñecer as novas manifestacións artísticas. Entre outros actos, organizou a exposición retrospectiva de Miró, nas Galerías Laietanes de Barcelona, a primeira exposición conxunta de Ponç, Tàpies e Cuixart, sesións de jazz e conferencias. Posteriormente, decantouse polas artes visuais e a música, campo no que creou o grupo Música Oberta. Publicou a revista Cobalto 49.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos que conteñen o grupo [Co(NH3)6]3+ ou os grupos que derivan destes ao substituír o NH3 por outros grupos ou ións. O amoníaco pódese intercambiar por distintos compostos nitroxenados, como a hidroxilamina ou a etilendiamina, por auga e por ións, como o hidroxilo, o cloruro ou o nitrato. Non presentan ningunha das propiedades ordinarias do cobalto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cobalto.
-
Que contén cobalto.
-
-
Aplícase ao composto de cobalto no que este ten un número de oxidación +3.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobaltita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de arsénico e cobalto, de fórmula CoAsS. Cristaliza no sistema cúbico. Pertence ao grupo de minerais da pirita e os cristais teñen forma de hexaedro ou de octaedro. A dureza é de 5,5 e a densidade de 6,33. Ten unha cor branca prateada con tons vermellos ou tamén gris aceiro con tinturas violáceas. Aparece mesturada con diversos sulfuros ou arseniuros de níquel e de cobalto.
-
-
-
Elemento de transición do bloque d, situado entre os elementos do bloque s e os do bloque p da táboa periódica, de número atómico 27 e peso atómico 58,933. Ten un único isótopo natural, o núclido 59, e 10 núclidos artificiais 54, 55, 56, 57, 58 e 58 m, 60 e 60 m, 61 e 62. É un metal branco, dúctil e maleable, descuberto por Georg Brandt en 1735. Ten graos de oxidación +3, +2, único estable para os sales simples en solución, +1, sinalado por Planchot en 1926 e por outros investigadores, e +4, que se dá seguramente no óxido CoO 2 e nalgúns complexos. Hai dúas variedades halotrópicas: a variedade α, que cristaliza no sistema hexagonal compacto, e a variedade β, do tipo cúbico de caras centradas. O cobalto é ferromagnético e ten punto de Curie aproximadamente a 1.150°C. Inalterable nunha atmosfera de aire seco ou húmido a temperaturas ordinarias, oxídase lentamente en estado incandescente e recóbrese dunha capa de óxido salino, Co 3...
-
carbonato de cobalto(II) [CoCO 3 ]
Composto que se presenta en cristais vermellos, obtidos mediante quentamento de carbonato de sodio e unha solución de sal de cobalto(II), dentro dun tubo pechado. Preséntase na natureza no espato cobalto e na esferocobaltita. Emprégase en cerámica e na elaboración de pigmentos.
-
cloruro de cobalto(II) [CoCl 2 ]
Composto que se presenta en láminas azuis pálidas, obtidas por acción do cloro sobre o cobalto. Forma un hexahidrato [Co(CH 2 O) 4 ]Cl 2 ·2H 2 O, dicloruro de tetraaquocobalto(II) que cristaliza no sistema monoclínico e é bastante soluble en auga. Emprégase como indicador de humidade.
-
fluoruro de cobalto(III) [CoF 3 ]
Composto que se presenta en forma de cristais hexagonais de cor marrón. É un dos sales simples de cobalto(III) máis estables e emprégase como axente de fluoración na industria dos derivados fluorados.
-
nitrato de cobalto(II) [Co(NO 3 ) 2 ]
Composto que se presenta en forma de cristais vermellos, obtidos como hexahidrato. Emprégase na manufactura de pigmentos e de tintas invisibles.
-
óxido de cobalto
Cada un dos compostos binarios que forma o cobalto co osíxeno. Prepárase o óxido de cobalto(II), CoO, por deshidratación do hidróxido ou por disociación do carbonato en recipiente pechado. Trátase duns pos grises cristalinos que funden a 1.900°C sen disociarse. De cor azul, ás veces matizado de verde, en solución sólida con outros óxidos básicos pode dar outras cores, como verde de Rinmann (CoO+ZnO) ou rosa de cobalto (CoO+MgO). O óxido cobaltoso-cobáltico salino, Co 3 O 4 obtense industrialmente; e o óxido de cobalto(III), Co 2 O 3 , obtense por oxidación prolongada do hidróxido de cobalto(II).
-
-
bomba de cobalto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto de cobalto no que este ten un número de oxidación +2.