Caltha

Caltha
[PLANTA]

Xénero de herbáceas perennes da familia das ranunculáceas de ata 30 cm de lonxitude, de talos ocos, follas en forma de corazón de pecíolo longo e de 10 cm de diámetro, flores de cinco sépalos amarelos, de ata 5 cm de diámetro e con estames numerosos, e froito en folículo. A especie C. palustris ou herba centella é propia de zonas húmidas, especialmente das beiras de fontes e regueiros, e resulta tóxica para o gando.