cobaltamina

cobaltamina

(

s f [QUÍM]

Cada un dos compostos que conteñen o grupo [Co(NH3)6]3+ ou os grupos que derivan destes ao substituír o NH3 por outros grupos ou ións. O amoníaco pódese intercambiar por distintos compostos nitroxenados, como a hidroxilamina ou a etilendiamina, por auga e por ións, como o hidroxilo, o cloruro ou o nitrato. Non presentan ningunha das propiedades ordinarias do cobalto.

Palabras veciñas

cóbado | cobaia | cobalamina | cobaltamina | cobáltico -ca | cobaltina | cobaltita