cóbado

cóbado

(

  1. s m [ANAT]
    1. Articulación do brazo co antebrazo e as partes brandas. Está constituída por unhas superficies articulares, unha cavidade articular que contén o líquido sinovial, unha cápsula e uns ligamentos (anterior, posterior, anular, lateral interno e lateral externo). As superficies articulares forman parte do úmero, do cúbito e do radio. Os movementos principais son a flexión e a extensión, pero tamén son posibles os movementos de pronación e supinación. A articulación está envolta polos músculos supinadores e o pronador redondo, ademais do tendón do bíceps, e nela interveñen os nervios musculocutáneo, mediano, cubital e radial. A arteria principal é a umeral, que se divide en radial e cubital, e as veas son as umerais, profundas, e a basílica e a cefálica, superficiais. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que fala polos cóbados non agrada a todos e aborrece a moitos”.

    2. Articulación máis alta do brazo dos animais cuadrúpedes.

    3. Parte posterior da articulación do brazo co antebrazo.

      Ex: A pel dos cóbados presenta moitas veces lesións en forma de placas.

      Sinónimos: cotobelo, cotomelo.
  2. s m

    Parte da manga dunha peza de roupa correspondente ao cóbado. Ex: Todos os xerseis acábanme rompendo polos cóbados.

    Ex: Todos os xerseis acábanme rompendo polos cóbados.

  3. s m [METROL]

    Medida de lonxitude, duns 42 cm, que equivale á distancia do cóbado ata a punta dos dedos.

  4. s m [TECNOL]
    1. Parte dunha peza mecánica en forma de cóbado.

    2. Parte dun tubo ou dun cano en forma de ángulo que serve para cambiar a dirección da condución.

  5. cóbado de captura [XEOG]

    Ángulo pronunciado que forma un río cando penetra na cunca doutro e fai súas unha parte das augas deste.

  6. cóbado de tenista/cóbado de tenis [PAT]

    Afección caracterizada pola sensación de dor nas proximidades do epicóndilo lateral do úmero, ademais de epicondilite lateral, como resultado dun esforzo grande e pouco habitual, non só pola práctica do tenis. Tamén se coñece como epicondialxia externa.

Formas incorrectas

codo