cobaia

cobaia

(

  1. s f [ANIMAL]

    Mamífero roedor do xénero Cavia, da familia dos cávidos, de entre 22 e 30 cm de lonxitude. Ten o corpo forte e robusto e a cabeza grande, que acada un tercio da lonxitude total, coas patas e as orellas curtas, e carece de rabo. Ten catro dedos nas extremidades anteriores e tres nas posteriores, provistos de unllas. O seu pelame é de coloración variable, longo e áspero. De costumes gregarios, vive en covas ou en sitios diversos. Crían en tobos comunais, onde se concentran ata 15 parellas. Paren dúas ou tres crías moi desenvolvidas e, ata pouco despois do parto, os adultos non acceden ao lugar, senón que son as crías as que saen ao encontro da nai cando esta chama por elas para amamantalas. O xénero comprende sete especies, propias de América do Sur, algunhas delas domesticadas dende tempos antigos para aproveitar a súa carne.

  2. s f

    Animal ou persoa sobre a que se realiza algún experimento biolóxico ou doutro tipo.

    Ex: Traballou para un laboratorio farmacéutico como cobaia humana.