Coba Gómez, Xan da
Coba Gómez, Xan da
Escritor. Foi un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense, cidade na que traballaba como agrimensor. Inventou unha lingua literaria para o seu uso persoal, o “trampitán”, no que escribiu a ópera La trampitana (1895). Publicou obras didácticas como Avisos al labrador. Principales nociones de agricultura (1867), e Desengaño. Obra moral y en verso contra el crimen (1880), e varias obras dramáticas, Guerra en Melilla (1888), Juanita y Juan (1890) e La Fidelidad (1897). En galego deixou inédita a zarzuela La Galiciana e a ópera María Pita (1863). Consérvase tamén o folleto Poesías, que presentou ao certame poético de Ourense de 1877.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso