"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións navais que tiveron lugar no Océano Atlántico no trancurso da Segunda Guerra Mundial. Ao principio tratouse de manter un bloqueo a distancia dos países do Eixe; pero, a partir de 1940, adquiriu novas características que durarían toda a guerra. Dunha banda, Inglaterra precisaba de liñas de comunicación cos EE UU que permitisen levar a termo a política de colaboración establecida na carta do Atlántico; doutra, Alemaña intentou evitar a chegada de convois a Gran Bretaña por medio da guerra submarina. Os recursos investidos na investigación militar aplicada a esta batalla axudaron a acadar considerables melloras tecnolóxicas. Os aliados incrementaron a construción de navíos mercantes e perfeccionaron os métodos de construción (Liberty), inventáronse sistemas de detección submarina (ASDIC e sonar) e apareceron novos tipos de navíos adaptados á escolta de convois. Por parte dos alemáns, a innovación máis importante foi a introdución do schnorchel (dispositivo que...
-
-
Dise do tecido que ten forma ou tacto de toalla.
-
Cuberto ou revestido de toalla.
-
Que ten entendemento curto, aparvado.
-
-
-
Pór chá a superficie dun terreo desfacendo os terróns.
-
Desatascar un conduto ou unha concavidade obstruído polo trollo.
-
-
-
de atrapallar.
-
Que se fixo ou dixo sen seguir unha orde ou regra.
-
Que actúa ou di as cousas con precipitación e sen esmero.
-
-
-
Facer as cousas apresuradamente, sen poñer atención.
-
Mesturar as cousas sen orde ou regra.
-
Producir confusión en alguén de maneira que non sabe qué dicir, qué facer ou cómo comportarse.
-
Confundirse ou apresurarse na execución de algo.
-
-
-
Pór chá a superficie dun terreo desfacendo os terróns.
-
Desatascar un conduto ou unha concavidade obstruído polo trollo.
-
-
PERSOEIRO
Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor nas universidades de Harvard e Clark, e fundou a revista Economic Geography (Xeografía Económica). É autor de The World at Work (O mundo no traballo) e The Growth of Nations (O crecemento das nacións).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción librada simultaneamente á batalla de Jena (14 de outubro de 1806) na vila de Auerstedt, Turinxia, na que os prusianos comandados polo duque Carlos de Brunsvic foron derrotados polas forzas napoleónicas comandadas por Davout.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alimento ou comida que contén excesiva cantidade de auga.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ourense en 1903 que non tivo continuación. Fundada por Xoán Fernández, Alexandre Cerecedo e Xerardo Álvarez Limeses, o seu director, contou coa colaboración de: Alfonso Carballo, X. Neira, Eduardo Vicenti, Emilia Pardo Bazán e Basilio Álvarez, entre outros. Informaba sobre as festas do Corpus dese ano e contiña poemas, artigos de historia, ciencia e literatura, e datos sobre as cidades de Vigo e Ourense. Incluía tamén fotografías de Pacheco (Ourense) e Ferrer (A Coruña), xunto a debuxos de Taxes e Pérez Maffei.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Cantal, Auvernia, Francia (30.773 h [1990]. Situada nos contrafortes do macizo de Cantal, trátase dun pequeno núcleo industrial dedicado fundamentalmente á fabricación de mobles, zapatos e paraugas. Antiga capital da Alta Auvernia, medrou a partir do mosteiro bieito de Saint-Geraud, fundado arredor do ano 894 por Xerardo, señor de Aurillac, que adoptou a reforma de Cluny. Nese mosteiro foi monxe, entre outros, Xerberto, futuro Papa Silvestre II. En 1298 o abade cedeu ao municipio todos os dereitos que posuía sobre a vila. Convertida en colexiata secular (1562), a abadía foi incendiada e destruída polos hugonotes en 1569. O derradeiro abade foi elixido en 1752.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada cerca de Slavkov (en alemán Austerlitz), Moravia (actual República Checa), onde os exércitos de Francisco II e os de Alexandre I de Rusia foron vencidos (2 de decembro de 1805) por Napoleón Bonaparte, que acababa de ocupar Viena. Con esta derrota finalizou a Terceira Coalición e Austria asinou o Tratado de Pressburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de cabaleiros godos que estableceron casas en Galicia, Asturias, León e La Rioja. A rama galega, asturiana e leonesa leva como armas, escudo terciado en banda: a primeira partición, cun león rampante de ouro, en campo de goles; a segunda, de ouro pleno e, a terceira, con seis flores de lis de ouro, en campo de azul, postas en dúas bandas de tres cada unha. Os de La Rioja usan escudo cortado: a primeira partición, con tres paos de goles, en campo de ouro; a segunda, cunha flor de lis de azul, en campo de prata, e o bordo de goles, con cinco panelas de prata. Outros levan, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada, en xefe, dun león rampante da mesma cor e, en punta, de seis flores de lis de azul. Algúns engaden a este último escudo un bordo de prata, namentres que outros cambian a banda por unha faixa.
-
GALICIA
Xogador de hóckey a patíns. Debutou na división de honor co Dominicos da Coruña na tempada 1983-1984. Na tempada 1986-1987 pasou ao Liceo, club da mesma cidade, no que permaneceu dous anos e co que se proclamaría campión de Europa (1986-1987 e 1987-1988). Tamén acadou co Liceo un título de Liga (1986-1987) e, no ano 1988, a Copa do Rei, a Supercopa e a Copa Intercontinental. Na Liga 1988-1989 volveu ao Dominicos, co que gañou unha Copa do Rei (1990) e se proclamou máximo goleador da Liga (1989-1990 e 1990-1991). Na tempada 1993-1994 fichou polo Reus, equipo co que foi máximo goleador da Liga en dúas ocasións máis (1994-1995 e 1995-1996): con 521 goles entre 1983 e 1999 é o máximo goleador da historia desta competición. Membro da selección española absoluta, disputou 73 partidos internacionais entre 1988 e 1995, acadando un total de 110 goles e os títulos de campión do mundo (Arxentina 1989), subcampión olímpico (Barcelona 1992), campión da Copa das Nacións (1991) e a medalla de bronce no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado polo Concello da Estrada desde o ano 1997 para honrar a figura da poetisa estradense Avelina Valladares, irmá de Marcial Valladares e precursora, coma el, no cultivo da lingua galega.
-
-
de avellar.
-
Que adquiriu apariencia de vello antes de tempo.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, na ribeira do río El Riachuelo (346.620 h [1991]). Forma parte da conurbación do Gran Bos Aires. É un dos centros industriais máis importantes do país. O seu nome foille dado polo Presidente Nicolás Avellaneda, no 1904, en substitución do de Barracas do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Bizkaia que pasou a Galicia fundando varias casas. Hai investigadores que pensan que a súa verdadeira orixe está na terra galaica aínda que logo se estendeu por La Rioja, Bizkaia, Castela, Murcia, Andalucía e outras rexións españolas. Unha rama pasou tamén a América. Diego López de Avellaneda, señor da casa de Avellaneda, en Logroño, asistiu á conquista de Sevilla en 1248. Xoán de Avellaneda, oriúndo de Galicia, levaba como armas: en campo de ouro, sete roeles de goles, 2, 2, 2 e 1; partido de prata, cunha venera de azul en xefe e un lobo cebado dun cordeiro de prata, pasante e de sable, colocado en punta. Outra variante nas armas dos Avellaneda trae: en campo de ouro, dous lobos de sable, un sobre o outro, cebados de dous cordeiros, e bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns ostentan: na primeira partición, sobre campo de azul, trece besantes de prata colocados en tres paos, con cinco besantes o do centro; na segunda partición, en campo de prata, dous...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alfonso Fernández de Avellaneda.