"rot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
ILLAS
Illa do arquipélago de Canarias, situada na provincia de Las Palmas (806 km2; 96.431 h [2001]). A capital é Arrecife. Separada da illa de Fuerteventura polo estreito de Bocayna, é a máis setentrional e oriental do arquipélago. De orixe volcánica, está formada por materiais basálticos, lavas e cinzas, e ten unha forma alongada. Está constituída por dous macizos, o N e o S, coa máxima altitude ao N (Peña de Chache, 671 m). O clima é moi árido e a agricultura practícase coa técnica do arenado. Produce cebolas, tomates, figos e viña. A gandería, de ovellas, vacas e camelos, é moi pobre. Practícase a pesca, que deu pé ao desenvolvemento da industria conserveira e de salgadura. O turismo ten unha importancia crecente. Descuberta por Lancellotto Malocello, que lle deu o nome, foi conquistada pola expedición de Jean Béthencourt en 1402.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Lancelote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica da parede abdominal e do peritoneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fame’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
levoxiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo encadrado dentro da corrente pictorialista, que xurdiu en Londres en maio de 1892. Rival da Photographic Society of Great Britain, os seus fundadores foron H. Peach Robinson, George Davison, Lionel Clark, H. Hay Cameron e Alfred Maskell. Os seus obxectivos eran reunir o maior número de fotógrafos pictorialistas de calidade, organizar unha exposición anual, o Photographic Salon (a partir de 1893), e crear premios. A agrupación disolveuse en 1908.
-
-
Relativo ou pertencente ás lipoproteínas.
-
Que contén lipoproteínas.
-
Que é da natureza das lipoproteínas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lipoproteína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo constituído pola asociación de lípidos con certas proteínas específicas. Son consideradas como un tipo de proteína conxugada onde o grupo prostético é de natureza lipídica. Son micelas, coa superficie exterior constituída por proteínas que envolven a parte lipídica interior. O tipo de enlace entre proteína e lípido é hidrofóbico, non covalente. As diferentes lipoproteínas do plasma poder ser separadas, segundo a súa densidade, en quilomicróns, as de densidade máis baixa, lipoproteínas de moi baixa densidade (VLDL), lipoproteínas de baixa densidade (LDL), e lipoproteínas de alta densidade (HDL).
-
PERSOEIRO
Psicopedagogo. As súas liñas de traballo céntranse na inadaptación infantil, no fracaso escolar e na sexoloxía da mocidade. Das súas obras destacan La pédagogie institutionnelle (1965), La libération sexuelle (1975), Pour ou contre l’autorité (1973), Priorité à l’ éducation (1973), La psychanalyse (1995), Les pédagogies autogestionnaires (1995) e L’aventure humaine (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor finlandés. Contribuíu a desvelar a conciencia nacional do seu pobo e a normalizar a súa lingua. Fixo escollas de poesía oral popular, como Kalevala (1835) e Kanteletar (1840), e publicou o primeiro xornal en finés, Mehiläinen (A abella). Foi autor dun Dicionario Finlandés-Sueco (1866-1880), ademais de escollas de proverbios, adiviñas e cantos máxicos finlandeses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prótalo que se forma a partir dunha macróspora, nos pteridófitos heterospóricos, sobre a que se desenvolven os arquegonios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que necesita unha temperatura media moi elevada para sobrevivir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles perisodáctilos, da familia dos calicotéridos, propios do Oligoceno Superior e do Mioceno Inferior e Medio de Francia e Alemaña.
-
PERSOEIRO
Matemático polaco. Nacionalizado francés, trasladouse a EE UU, onde traballou na IBM, e foi profesor de matemáticas na Universidade de Harvard. Introduciu o concepto de fractal con obras como Les objets fractals, forn, hasard et dimension (1975) e The fractal geometry of nature (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi un dos máis destacados do Renacemento francés, xa que o seu uso das formas e as metáforas na poética latina serviu de modelo a autores posteriores. Desligado parcialmente do retoricismo anterior, non abandonou de todo a tradición literaria medieval e introduciu en Francia o soneto italiano. Publicou Épigrammes, Épîtres, Élégies, Chansons e traduciu os Salmos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Macho da gaivota.
-
Cría da gaivota.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Combateu na Guerra da Independencia (1808-1814) e, destinado ao vicerreinado de Perú, enfrontouse ás forzas arxentinas e chilenas na Batalla de Chacabuco (1817). Cando estoupou a Primeira Guerra Carlista tomou parte por Carlos María Isidro de Borbón. Comandante xeneral de Bizkaia (1835), comandante xeneral do exército carlista en Catalunya (1836) e comandante en xefe do exército real (1838), iniciou tratos para a paz con Espartero, co que asinou o Convenio de Bergara (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio de Bergara.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Calvos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 860 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO