lipoproteína
lipoproteína
(< 1 lipo- + proteína)
s
f
[BIOQ]
Complexo constituído pola asociación de lípidos con certas proteínas específicas. Son consideradas como un tipo de proteína conxugada onde o grupo prostético é de natureza lipídica. Son micelas, coa superficie exterior constituída por proteínas que envolven a parte lipídica interior. O tipo de enlace entre proteína e lípido é hidrofóbico, non covalente. As diferentes lipoproteínas do plasma poder ser separadas, segundo a súa densidade, en quilomicróns, as de densidade máis baixa, lipoproteínas de moi baixa densidade (VLDL), lipoproteínas de baixa densidade (LDL), e lipoproteínas de alta densidade (HDL).