Lipophrys

Lipophrys
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes, da familia dos blénidos, que se caracteriza por ter as membranas branquiais unidas e dentes cabeiros en ambas as dúas dentaduras. Viven en augas costeiras pouco profundas. En Galicia son comúns as especies L. pavo, L. pholis e L. trigloides.