"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Acción e efecto de quebrantar ou quebrantarse.

    2. Dano, perda ou aflición moi graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de quecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumentar a temperatura dunha cousa ou persoa.

    2. Facer exercicios suaves para activar os músculos antes de practicar un deporte.

    3. Pórse en celo un animal.

    4. Excitarse unha persoa sexualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quechuas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo quechua.

    3. Pobo amerindio, de raza andina, que vivía na rexión do alto Apurimac e de Urubamba (Perú), que foron sometidos polos incas (1430). Viven en grupos illados nos altiplanos dos Andes, practican unha agricultura sinxela e dedícanse á artesanía, da que destaca a cerámica.

    4. Lingua da familia quechumara do phylum amerindio, que se fala extensamente, en varios dialectos, en Perú, Ecuador e Bolivia, e tamén no S de Colombia e no N de Arxentina. Presenta unha gran diversificación interna e conta con dous dialectos principais: o de Cuzco, que é a forma normativa boliviana, e o de Ayacucho, normativa peruana. A principal diferenza entre ambas as dúas é fonolóxica: o quechua do Cuzco presenta unha oposición tripla nas oclusivas e africadas, aínda que tamén hai diferenzas menores gramaticais. Unha clasificación tradicional divide o quechua nos seguintes grupos: a) Quechua I ou wáywash que se estende ao longo da Sierra Central peruana, tendo unha rama setentrional nos departamentos de Ancash e Huánuco e outra meridional nos departamentos de Pasco, Junín, Lima e as serras do nordés dos departamentos de Ica e Huancavelica. b) Quechua II ou wampu subdivídese en A, B e C e esténdese polo SO de Colombia e o N de Ecuador ata o NO arxentino: o quechua...

    5. Literatura cultivada en lingua quechua. O seu coñecemento presenta certas dificultades debido a que a época dourada da cultura homónima non coincide coa época en que se fixaron os testemuños escritos; a primeira é de soberanía inca; a segunda, de dominación castelá. As composicións que se transmitiron a través dos cronistas teñen un carácter relixioso, histórico e agrario (jailli), amoroso (arawi) e de xéneros diversos. Tamén cultivou o teatro, como a obra Apu Ollantay (anterior a 1532); ou o auto sacramental como Uska pawqar (s XVII). En canto á tradición mítica oral destaca o corpus de textos que recolleu o capelán de Waruchiri F. de Ávila (s XVII). Durante a época colonial producíronse diversos esforzos de codificación gramatical e lexicográfica da lingua. Despois da independencia, a creatividade literaria continuou con autores que cultivaron sobre todo poesía lírica e, ocasionalmente, temas históricos. A súa situación de diglosia fai que a súa produción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de linguas do phylum amerindio que inclúe a lingua quechua e a lingua aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Toque de campá, de máis de vinte badaladas, que se tocaba, sobre todo nas vilas, que indicaba a hora de retirarse á casa, despois do que ninguén podía saír polas rúas sen causa xustificada.

      2. Toque militar de silencio, á tardiña, nun cuartel ou nun campamento.

      3. toque de queda

        Aviso ou toque militar feito a unha hora determinada, en estado de guerra ou doutra situación xustificada, polo que se prohibe á poboación civil a circulación polas rúas.

    1. Xogo infantil en que un dos xogadores ten que tocar a outro para que este apande no seu lugar.

    2. ás escondidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de quedar ou quedarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de quedar.

    2. Que ten pouca disposición ou desenvoltura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Permanecer ou seguir nun lugar ou nunha situación determinada.

    2. Pasar a certo estado ou situación tras unha acción ou suceso.

    3. Coller alguén algo para si.

      1. Acordar algo dúas ou máis persoas.

      2. Adquirir alguén un compromiso. OBS: Emprégase seguido da prep de ou en máis infinitivo.

    4. Producir algo certo efecto, xeralmente unha peza de roupa.

    5. Ter algo como desenlace ou resultado final. OBS: Emprégase seguido da prep en.

    6. Seguir habendo ou tendo algo.

    7. Ser considerado dun determinado xeito. OBS: Adoita empregarse seguido da prep de ou por.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. quieto.

    2. Que non fai ruído.

    3. Moi silencioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock británico formado en 1972 por Freddie Mercury, Brian May, Roger Taylor e John Deacon. A raíz da morte do seu líder (1991), F. Mercury, o grupo disolveuse. En 2005 iniciaron a súa primeira xira europea tras a morte de Mercury, quen foi substituído polo cantante Paul Rodgers. Da súa discografía destacan A Night in the Opera (1976), coa que obtivo unha enorme popularidade, Flash Gordon (1980), A King of Magic (1986), Innuendo (1991), Live At Wembley’86 (1992) e Made In Heaven (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo conxunto dos escritores estadounidenses Frederic Dannay (Nova York 1905-White Plains, Nova York 1982) e Manfred Bennington Lee (Nova York 1905 - Roxbury 1971). Aínda que tamén escribiron parte da súa obra por separado, destacaron grazas ás súas novelas policiais The Roman Hat Mystery (1929), Drury Lane’s Last Case (1933) e Why So Dead (1966). En 1941 fundaron a revista Ellery Queen Mystery Magazine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Nova York, EE UU, o máis grande en extensión, situado ao O de Long Island (180 km2; 2.229.379 h [2000]). Esténdese a través da illa, desde a unión do East River e Long Island Sound ao Océano Atlántico. A construción da ponte de Queensboro (1909) e do túnel viario e ferroviario de Long Island (1910) promoveu unha rápida expansión. É de carácter residencial e industrial, e nel están os aeroportos de La Guardia e o John F. Kennedy International.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Australia (1.727.200 km2; 3.655.139 h [2001]). A súa capital é Brisbane. A costa pacífica é abrupta e ten moitas illas, no interior levántase o Great Dividing Range (900-1.500 m), e ao O esténdese un basto altiplano. Atravesado polo trópico de Capricornio, ten clima tropical e case ecuatorial no N. O bosque cobre a cordilleira, e no interior hai unha transición da sabana ao saltbush. Conta coa metade dos bovinos do país e ten gandaría leiteira e ovina en Darling. A cana de azucre é o cultivo máis importante e supón o 95% da produción australiana. Os recursos mineiros son abundantes dos que destacan o estaño, cobre, chumbo, cinc, grandes depósitos de bauxita e uranio. Posúe reservas de carbón, petróleo e gas natural. A industria de fertilizantes, química, petroquímica, montaxe de vehículos de motor, locomotoras, estaleiros, téxtil da la, plásticos e pneumáticos, céntrase principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade ou traballo que se ten que facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Presidente da Asociación de Escritores Franceses (1965-1969), escribiu Un royaume sous la mer (1957, Premio da Académie Française), Un Breton bien tranquille (1978) e Les enfants de la mer (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leite fermentado ácido-alcohólico, escumoso e de consistencia cremosa, de orixe caucásica.

    VER O DETALLE DO TERMO