queda

queda

(< lat quiēta, dequiēre ‘descansar’)

    1. s f

      Toque de campá, de máis de vinte badaladas, que se tocaba, sobre todo nas vilas, que indicaba a hora de retirarse á casa, despois do que ninguén podía saír polas rúas sen causa xustificada.

    2. s f [BÉL]

      Toque militar de silencio, á tardiña, nun cuartel ou nun campamento.

    3. toque de queda [BÉL]

      Aviso ou toque militar feito a unha hora determinada, en estado de guerra ou doutra situación xustificada, polo que se prohibe á poboación civil a circulación polas rúas.

  1. s f pl [XOGO]

    Xogo infantil en que un dos xogadores ten que tocar a outro para que este apande no seu lugar.

    Sinónimos: apanda.
  2. s f pl [XOGO]

    ás escondidas.

Palabras veciñas

quecer | quechua | quechumara | queda | quedada | quedado -da | quedar