"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • contracepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraceptivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraceptivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario á constitución ou ao resto das normas que forman parte do bloque da constitucionalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a conxelación.

    2. Substancia que se engade a un líquido -xeralmente auga- para lle rebaixar o punto de conxelación. Utilízase, polo xeral, para previr a conxelación da auga dos sistemas de refrixeración dos motores de combustión interna. Hoxe en día, o máis empregado é o etilenglicol. Os principais requirimentos dun anticonxelante son: capacidade para rebaixar o punto de conxelación da auga por debaixo das temperaturas mínimas invernais, estabilidade química, miscibilidade coa auga, capacidade anticorrosiva e ininflamabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectro de Brocken.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Globulina do sistema gamma con capacidade de unión específica cun determinado antíxeno. In vitro, os denominados anticorpos completos conducen a unha precipitación ou aglutinación dos antíxenos. Existen, sen embargo, outros que só se manifestan unidos especificamente ao antíxeno correspondente, e chámanse anticorpos incompletos. A acción do anticorpo in vivo pode manifestarse por unha neutralización da acción tóxica do antíxeno ou ben orixinar unha reacción de sensibilización cutánea inmediata. Coñécense os anticorpos naturais, e os anticorpos de inmunización, que aparecen despois dun proceso de infección ou de inmunización. Para que un antíxeno provoque a formación de anticorpos, xeralmente ten que ser alleo ao organismo formador destes. Non obstante , en determinadas circunstancias, pode ser un antíxeno do propio organismo (autoanticorpos). A presenza de anticorpos no organismo produce un estado de inmunidade pasiva ou activa que,...

    2. Anticorpo inducido por cultivo in vitro dunha célula híbrida ( hibridoma) -ou pola liña celular por ela xerada- constituída pola fusión dun linfocito sintetizador de anticorpos específicos cunha célula procedente dun mieloma. Os hibridomas de cada liña determinada producen un único tipo de anticorpos de gran pureza e especificidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a corrosión.

    2. Dise dos tratamentos ou revestimentos que protexen os metais da corrosión, ou dos revestimentos que protexen os pavimentos de argamasa ou de formigón da acción dos produtos químicos.

    3. Pintura destinada a protexer as superficies metálicas da corrosión producida pola intemperie (pintura antióxido), a auga do mar, os produtos químicos, etc. As súas principais características son: excelente adherencia, impermeabilidade á auga e aos ións e aptitude para tapar perfectamente a superficie metálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do golfo de San Lourenzo, no Quebec, Canadá (8.160 km2). A principal localidade é Port Menier. Foi descuberta no 1534 por Jacques Cartier, que lle deu o nome de Asunción. En 1763 quedou vinculada a Terranova e en 1895 mercouna o industrial francés Henri Menier, quen lla vendeu a unha compañía de papel canadense en 1926. No 1974 foi adquirida polo goberno do Quebec.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a acción das couzas.

    2. Produto destinado a combater as couzas e, en xeral todos os insectos que se alimentan de fibras téxtiles, especialmente la. Segundo a súa forma de actuar divídense en: repelentes, insecticidas e produtos que modifican a estrutura da la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito real que se constitúe sobre un ben inmoble do debedor en garantía dunha obriga e que autoriza ao prestamista desta a recibir os froitos do ben inmoble afectado, coa fin de aplicalos ao pagamento dos xuros e, despois á amortización do capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á anticrese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate as criptógamas.

    2. Substancia química aplicada no tratamento das enfermidades das plantas producidas por fungos e por bacterias. Entre os produtos de máis alto valor anticriptogámico están o xofre, o cobre e os funxicidas sintéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario á doutrina do Cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a Biblia, é o inimigo por antonomasia de Cristo, así como o perseguidor do Cristianismo máis decidido que aparecerá pouco antes da fin do mundo. A figura do Anticristo aparece no Antigo Testamento, onde algúns autores, sobre todo Ezequiel e Daniel, describiron personaxes históricos ou imaxinarios, inimigos de Deus e do pobo xudeu. No Novo Testamento, Paulo e Xoán falaron dun sedutor ou impostor que fai apostatar os crentes, Xoán foi o primeiro en denominalo anticristo. O anticristo por excelencia presentarase na fin do mundo, e o mesmo Cristo, axudado polo arcanxo san Miguel, aniquilarao no momento da parusía. A figura do anticristo empregouse en varias épocas da historia, coincidindo con crises políticas e relixiosas, por visionarios de todo tipo. O maxisterio da Igrexa non se pronunciou sobre a natureza do anticristo, feito polo que algúns eséxetas argumentan que será unha persoa e outros que se tratará dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está pasado de moda porque é antigo ou non se utiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a estudiar, coleccionar ou vender cousas antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario á democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO