Anticosti
Anticosti
Illa do golfo de San Lourenzo, no Quebec, Canadá (8.160 km2). A principal localidade é Port Menier. Foi descuberta no 1534 por Jacques Cartier, que lle deu o nome de Asunción. En 1763 quedou vinculada a Terranova e en 1895 mercouna o industrial francés Henri Menier, quen lla vendeu a unha compañía de papel canadense en 1926. No 1974 foi adquirida polo goberno do Quebec.