"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de limitar ou limitarse.

    2. Aquilo que limita ou impide o desenvolvemento de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia (1984), foi secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta rectora desde o   2000. Traballou en   Encrucillada (1984-2002) e na Revista Galega de Ciencias Sociais (2003). Escribiu O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura (1988), Negreira na guerra do 36 (1995) e Feiraco, 25 anos (1969-1994) (1995) e Un modelo de Agroindustria cooperativa (1995), e foi coautor do Dicionario Eladio Rodríguez (2001) e do Dicionario Antón Avilés de Taramancos (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo (1985), o Premio Vila de Negreira de Xornalismo (1989) e de Historia (1991) e a Medalla de Ouro do Concello de Negreira (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na baía de Algeciras, e que limita co territorio de Xibraltar (59.437 h [2001]). É un núcleo urbano de construción moderna, destaca como porto e centro comercial. A poboación activa moi influída polo territorio de Xibraltar dedícase principalmente á pesca e ás actividades industriais derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de linearizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Santiago de Compostela polo Instituto da Lingua Galega a partir de 1984 e dirixida por Xosé González. Tratouse dunha publicación escrita integramente en galego e con carácter bimestral que estivo dirixida a promover a normalización lingüística en Galicia, especialmente no ámbito das administracións. No seu consello de redacción colaboraron Xesús Costas Abreu, Xermán García Cancela e Inés Ruibal Cendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de eliminación de auga que consiste nunha conxelación, seguida dunha deshidratación por sublimación, que ten lugar nun recipiente onde fai o baleiro. A substancia disolta conxélase a -50°C a gran velocidade, faise o baleiro (de 0,1 a 0,01 mm Hg) e sublímase a auga a unha velocidade o máis lenta posible. Os primeiros estudios para conseguir unha substancia liofilizada derivan dos traballos feitos con plasma humano, coa idea de conservalo sen que se desnaturalice. Os bos resultados obtidos fixeron que esta técnica se estendese a outros eidos, sobre todo á industria alimentaria e á químico-biolóxica. As baixas temperaturas ás que se traballa evitan alteracións químicas de substancias termolábiles, a perda de compoñentes volátiles queda reducida ao mínimo e os liofilizados presentan unha estrutura esponxosa de fácil disolución. Ademais, durante a liofilización, o desenvolvemento de microorganismos e de reaccións enzimáticas é inhibido polas baixas temperaturas conseguidas e pola rápida...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método cirúrxico que se emprega para extraer acumulacións de tecidos graxos localizados, mediante unha pequena incisión pola que se introduce unha cánula conectada a un aparato aspirador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de liquidar.

      2. Proceso polo que os bens mobles, inmobles ou os activos en xeral dunha empresa se converten en diñeiro en efectivo.

      3. enda polo miúdo con carácter extraordinario e cunha gran rebaixa de prezos que se fai nun establecemento comercial por cesamento da actividade, reforma ou traslado. Dunha maneira regular poden realizarse para dar saída a stocks acumulados.

    1. Acto de dar por finalizada unha relación laboral, principalmente entre unha empresa e un traballador, e documento en que se fai constar que as contas quedan axustadas e saldadas.

    2. licuefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 15 de xuño de 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e Olimpio Liste Regueiro, que doou como patrimonio inicial preto de 2.000 obxectos. Ocúpase do mantemento e xestión do Museo Liste, de orientación etnográfica, cunha visión globalizadora de todo o ámbito da Comunidade Autónoma Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de litigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de todas as persoas que litigan conxuntamente formando unha soa parte. Pode ser activo, entre actores e demandados; pasivo, entre demandados ou procesados; facultativo, realizado polas partes según a súa vontade, ou necesario, cando é determinado pola lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impedimento no xuízo da contestación á demanda que provova unha situación especial entre os litigantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación de extracción en que se separa, por medio dun disolvente (fase líquida), un ou máis compoñentes dun material sólido (fase sólida). Industrialmente efectúase a operación en tres etapas. Na primeira etapa póñense en contacto as dúas fases (sólida e líquida). Na segunda etapa ten lugar a separación ou decatación das dúas fases, e na terceira, recupérase o sólido disolto. Emprégase especialmente en minería, en metalúrxia extractiva e nas industrias química, farmacéutica e alimentaria.

    2. Proceso que consiste na migración descendente de elementos solubles e coloidais, orixinada pola auga da choiva. 

    3. biolixiviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1768 presentou en Lugo un proxecto de reconstrución da fachada da catedral. Está documentado como contratista dos capiteis e basas da catedral lucense e en 1771 participou nas obras do Arsenal de Ferrol, onde tamén realizou a igrexa do Perpetuo Socorro. En Donostia realizou, con Miguel de Salezán, a igrexa de Santa María e o proxecto de ampliación do porto (1773).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrendar.

    2. Contrato que se establece entre dúas partes, o locador ou propietario e o locatario, polo que o primeiro traspasa ao segundo unha propiedade a cambio dunha renda periódica para que faga uso e obteña beneficio dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de localizar ou localizarse.

    2. Factor que expresa a relación de calquera feito xeográfico con outros, en función da súa situación no espacio. Expresa as condicións que presenta calquera emprazamento respecto ás funcións que se cumpren. Fai referencia ás condicións que determinan a elección dun lugar e non doutro, para establecer un cultivo, unha industria ou unha cidade. Inicialmente as condicións adoitan ser favorables, pero os cambios económicos, a multiplicación das relacións e os cambios sociais poden chegar a anular estas vantaxes, e mesmo, obrigar a loitar contra os inconvenientes dunha mesma localización. Feito eminentemente xeográfico, enmarcou tradicionalmente todos os estudios de xeografía como primeiro factor, considerado ás veces determinante. A introdución do librecambismo e o crecemento do valor do solo, sen embargo, fixeron que os economistas se interesasen no seu estudio, e chegaron a elaborar unha teoría da localización. Os seus precedentes sitúanse nos estudios de localización na agricultura de Von...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lavado que se realiza cunha pequena cantidade de líquido sobre unha parte do corpo, con fins cosméticos ou medicinais.

    2. Líquido acuoso ou hidroalcohólico, con substancias medicinais en suspensión, que se emprega para lavar ou bañar zonas determinadas da pel, dunha ferida ou dos cabelos durante un curto período de tempo. Son moi empregadas en dermatoloxía, con fins medicinais e cosméticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de moverse dun lugar a outro.

    2. Manifestación da posibilidade que teñen os animais de moverse dun lugar a outro empregando medios propios. Os principais tipos de locomoción son o terrestre (coas variedades de marcha e reptación), o aéreo e o acuático.

    3. Conxunto de diversos vehículos que se utilizan para desprazar ou trasladar mercadorías ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira ou forma falar ou de expresarse.

    2. Combinación fixa de dúas ou máis palabras, unidas a miúdo por unha sintaxe particular, con sentido unitario e familiar a unha comunidade lingüística. Algúns autores, como J. Casares, dividen as locucións en significativas e conexivas. As primeiras están dotadas de significación e poden subdividirse en substantivas, que equivalen a un nome, como cabalo de mar ou arco da vella; adxectivas, que equivalen a un adxectivo, como ser un croio; verbais, como poñerse levado do demo; e adverbiais, que equivalen a un adverbio, como a deshora. As conexivas, ou relacionantes, serven como nexo gramatical e poden ser conxuntivas, como posto que ou a pesar de, e prepositivas, como con respecto a ou en fronte de.

    VER O DETALLE DO TERMO