Lingua e Administración

Lingua e Administración
[PUBLIC]

Revista editada en Santiago de Compostela polo Instituto da Lingua Galega a partir de 1984 e dirixida por Xosé González. Tratouse dunha publicación escrita integramente en galego e con carácter bimestral que estivo dirixida a promover a normalización lingüística en Galicia, especialmente no ámbito das administracións. No seu consello de redacción colaboraron Xesús Costas Abreu, Xermán García Cancela e Inés Ruibal Cendón.

Palabras veciñas

lingote | lingoteira | lingua | Lingua e Administración | 1 linguado | 2 linguado -da | Linguae Vasconum Primitiae