lingua
(< lat lingŭa)
-
s
f
[ANAT]
Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglutición, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons. Nos peixes, a lingua ten só carácter sensorial; nos ciclóstomos é erizada en dentículos e actúa como unha lima; noutros casos, como anfibios anuros, paxaros, réptiles e mamíferos sen dente, a lingua convértese nun órgano para capturar alimentos; nos ofidios é bífida, e tamén se relaciona co olfacto, pois en cada unha das puntas ten receptores olfactivos que collen substancias volátiles do aire e as levan a dúas fosas situadas no interior da boca. Nos humanos é o órgano de articulación dos sons, coas funcións do gusto e da deglutición. En certas afeccións, a lingua pode tomar un aspecto característico, así, fálase de lingua de framboesa, de cor vermella intensa, granulada, característica da escarlatina; de lingua saburral, típica de enfermidades febrís moi diversas, como a febre tifoidea e, principalmente, das gastrites; e de lingua pilosa negra, en persoas maiores tratadas con antibióticos. Ás veces a lingua presenta un aspecto que, a pesar de non ser normal, non obedece a causas coñecidas. Este é o caso da lingua escrotal, lesión conxénita que lle dá un aspecto semellante ao escroto, ou da lingua xeográfica, con zonas alternas abrancuzadas e vermellas, como nun mapa.
-
-
s
f
Cousa que pola súa forma recorda unha lingua.
-
lingua de terra
[XEOG]
Anaco de terra estreito e longo que avanza sobre o mar, un lago ou outra superficie.
-
lingua glaciaria
[XEOL]
Parte dun glaciar de tipo alpino que se inicia no circo glaciario e remata en zonas máis ou menos arredadas do circo, nas que a velocidade á que avanza a lingua queda compensada pola velocidade de fusión do xeo. A lingua glaciaria forma, no seu proceso erosivo, o val glaciario.
-
s
f
-
[PLANTA]
-
s
f
Nome que reciben diversas plantas que pola súa forma teñen semellanza coa lingua humana ou dun animal.
-
lingua de can [Cynoglossum creticum, Fam das boraxináceas]
Planta herbácea bienal, de 30 a 60 cm de altura, que presenta follas lanceoladas, densamente pelosa e flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos de Europa Meridional. Tamén se lle atribue este nome a especie Cynoglossum officinale.
-
lingua de serpe [Ophioglossum vulgatum, Fam das ofioglosáceas]
Fento que consta dunha folla estéril oval e dunha espiga fértil cos esporanxios. É propia das comarcas húmidas de Europa e chega ata os Pireneos.
-
s
f
-
[FUNGO]
-
s
f
Nome que reciben diversos fungos basidiomicetos dos xéneros Fistulina, Hydnum, Sarcodon e Pseudohydnum.
-
lingua de boi [cast: hígado de buey] [Fistulina hepatica, Fam das fistulináceas]
Fungo basidiomiceto, da orde das fistulinais, formado por sombreiros semicirculares de gran tamaño. É de cor vermella, moi carnoso no punto de unión co substrato e delgado na marxe. A cutícula é lisa e moi grosa. Ten tubos libres, rematados en poros moi pequenos, de cor entre amarela e vermella. En xeral é sésil, pero tamén pode presentar un pé curto e groso. Presenta basidios tetraspóricos e esporas brancas ou amarelentas. Atópase sobre troncos vellos ou rematados de cortar dos carballos e castiñeiros, e é comestible.
-
lingua de ovella [Hydnum repandum, Fam das hidnáceas]
Fungo basidiomiceto, da orde das cantarelais, que presenta sombreiro convexo ao principio e plano despois, dunha cor que vai desde o branco ao rosado. A cutícula é lisa e de tacto céreo. Ten aguillóns longos, decorrentes polo pé e da mesma cor ca o sombreiro. O pé é groso e non ten bulbo nin anel. Os basidios son tetraspóricos e as esporas lisas. A carne é branca e de sabor agradable. Atópase no outono e inverno baixo calquera tipo de árbore. Ás veces confúndese con Hydnum rufescens, aínda que é unha especie máis pequena e delgada, de cor tella, que vive baixo caducifolias.
-
lingua de ovella moura [cast: hidno imbricado] [Sarcodon imbricatum, Fam das teleforáceas]
Fungo basidiomiceto que presenta sombreiro grande, primeiro convexo e posteriormente deprimido no medio, cuberto de escamas dispostas concentricamente. O pé é central, carnoso e sen bulbo. Os basidios son tetraspóricos e as esporas verrugosas. A superficie fértil está formada por aguillóns longos e decorrentes. É de cor parda moi escura. A carne varía de branca a parda, sen sabor nin cheiro característico. Atópase durante o inverno baixo os piñeiros, e tamén sobre troncos mortos ou feridas das árbores.
-
lingua de ovella viscosa [Pseudohydnum gelatinosum, Fam das exidiáceas]
Fungo basidiomiceto, en forma de masa xelatinosa, de sombreiro unilobulado ou polilobulado, de cor gris azulada ou parda, coa cutícula graúda. Os aguillóns son curtos, decorrentes, brandos, cónicos e cunha coloración que vai de branco a azulado. O pé case non se aprecia, é como unha masa amorfa, xelatinosa, branca e excéntrica ou lateral. Os basidios son lonxitudinalmente tabicados e as esporas brancas, lisas e redondeadas. Comestible en cru, ao cocelo desprende un cheiro desagradable. Atópase durante o outono e inverno en cepas e vellos troncos de coníferas.
-
s
f
-
[LING]
-
s
f
Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito, propio dunha comunidade, que serve basicamente para a comunicación. Para Ferdinand de Saussure e os estruturalistas, a lingua é un sistema de unidades baseado en relacións de oposición, asociación, etc, e suxeito a unhas regras. A fala, en cambio, é a realización, o uso individual da lingua. Esta distinción foi matizada e desenvolvida por Noam Chomsky, cos conceptos de competencia e actuación. Horizontalmente, distínguense variedades lingüísticas como o dialecto e o falar. Verticalmente, hai diversos niveis lingüísticos: popular, familiar, técnico, literario, argot, etc. Como medios de comunicación disponse da lingua escrita e da lingua falada, usada na expresión oral, ambas as dúas máis ou menos diferenciadas, segundo os sistemas lingüísticos. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns. O inventario completo das linguas do mundo non se fixo aínda.
-
lingua aglutinante
Termo da lingüística do s XIX co que adoitaban caracterizar certo tipo de linguas, por oposición ás linguas monosilábicas (chinés) e ás linguas flexivas (latín). É pouco usado porque se basea nunha teoría xenética indemostrable segundo a que toda forma flexiva xurdiu pola aglutinación de dúas palabras, sendo a segunda reducida a un elemento formal (desinencia ou similar). As linguas aglutinantes serían as que se atopan nun primeiro período deste proceso, as palabras fórmanse ao xuntar a unha raíz afixos dotados dunha soa función gramatical, aínda discernible (húngaro, xaponés, finés).
-
lingua artificial
Todo sistema de signos de comunicación elaborado por convención (excepto as meras transcricións, directas ou indirectas, da lingua falada, como son os sistemas de escritura) que teñen a finalidade de facilitar unha comprensión internacional. Entre os precursores en España están Ramon Llul (s XIII-XIV) e Pedro Bermudo (1653). Entre as linguas artificiais máis importante están o esperanto, o Volapük e o Interlingua.
-
lingua común
Lingua coñecida ou suposta que deu orixe a unha familia linguística (indoeuropeo, latín). Por extensión, tamén se denomina así a lingua de carácter máis ou menos uniforme, oposta aos dialectos, que se utiliza en todo un dominio lingüístico.
-
lingua de cultura/civilización
Forma convencional con que se designa a lingua que serve -ou serviu- de soporte a unha literatura escrita e é instrumento dunha cultura.
-
lingua de oc
occitano.
-
lingua de oïl
Grupo de variedades lingüísticas que se orixinou no N da Galia a partir do galorromance. As variedades de oïl son o normando, o picardo, o valón, o lorenés, o borgoñón, o champañés, o anxevino, o pitavino, o santonxés, o franciano e o antigo anglonormando. O franciano constituíuse na base da lingua nacional e debido ao triunfo temperán do francés, as outras falas de oïl foron esmorecendo desde a época medieval e quedaron relegadas na súa maioría ao ámbito familiar, sen uso literario e formal.
-
lingua flexional/amalgamada/formante/sintética
Cada unha das linguas que presentan flexión. Son linguas flexivas as linguas indoeuropeas e as semíticas.
-
lingua franca
Lingua que se emprega na comunicación de persoas que non falan unha mesma lingua. É unha lingua franca, por exemplo, a língua geral que se utilizou en Brasil entre os indios, portugueses e brasileiros ou o tucano, lingua amerindia do norte de Brasil que se emprega como lingua franca para diversos pobos indíxenas que teñen historicamente linguas diferentes.
-
lingua illante
Lingua en que as súas palabras non poden ser analizadas morfoloxicamente en elementos diversos destinados a expresar as relacións gramaticais, de tal maneira que estas deben ser confiadas á orde das palabras ou ao uso de palabras independentes. O chinés e moitas linguas do sueste de Asia son linguas illantes. O concepto de lingua illante xurdiu da confluencia de dous criterios de clasificación. O primeiro é o grao de complexidade morfolóxica das palabras polo que se opón ao concepto de lingua sintética e lingua polisintética. O segundo é o grao de fusión das compoñentes morfolóxicas polo que se opón aos conceptos de lingua aglutinante e lingua flexional.
-
lingua materna
Lingua que unha persoa aprendeu desde a infancia, xeralmente no lugar de nacemento do falante.
-
lingua morta
Lingua que xa non ten falantes, como é o caso do dálmata.
-
lingua oficial
Lingua esixida por un estado en órganos da administración, a escola e outros niveis oficiais deste estado. Coa lingua ou linguas oficiais, coexisten dentro dun estado as linguas non oficiais, tamén chamadas rexionais ou étnicas.
-
lingua polisintética/ incorporante/holofrástica
Lingua que funde nunha palabra diversos elementos semánticos e de relación gramatical. Unha lingua polisintética é o esquimó.
-
lingua vernácula
Lingua propia dunha comarca ou rexión determinada.
-
lingua viva
Lingua que está en uso.
-
s
f
-
s
f
Sistema de comunicación, natural ou artificial, que empregan as persoas que pertencen a unha comunidade.
-
s
f
Sistema de comunicación utilizado polos animais.
-
s
f
Xeito propio de falar ou de utilizar a linguaxe que ten unha persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A lingua do amigo malo corta máis ca un machado. Ás linguas malas, tesoiras para cortalas. Lingua longa, sinal de man curta. Lingua murmuradora, non falta e sempre sobra. Non di máis a lingua que o que sente o corazón. Tendo lingua e que comer, o home vai onde quer”.
Ex: Hai que ter coidado con ela, que ten moita lingua. Cala un pouco e non teñas tanta lingua.
-
s
f
[HIST]
Cada unha das circunscricións territoriais nas que se dividía a xurisdición da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén. Chegaron a existir oito: Aragón, Castela, Francia, Auvernia, Provenza, Italia, Alemaña e Inglaterra.
Frases feitas
-
2 Maneira de falar desa persoa.
-
2 Maneira de falar desa persoa.
-
Andar en linguas. Ser obxecto de comentarios ou críticas.
-
Andar en linguas. Ser obxecto de comentarios ou críticas.
-
2 Dicir alguén algo que se debería gardar en segredo.
-
2 Dicir alguén algo que se debería gardar en segredo.
-
Botar a lingua a pacer/ó sol 1 Falar sen control.
-
Botar a lingua a pacer/ó sol 1 Falar sen control.
-
Botar a lingua. Ensinar a lingua como sinal de desprezo ou burla.
-
Botar a lingua. Ensinar a lingua como sinal de desprezo ou burla.
-
Coa lingua (de) fóra. Moi canso.
-
Coa lingua (de) fóra. Moi canso.
-
Darlle á lingua. Falar moito e, normalmente, de máis. Ex: Deixa de darlle á lingua, que todos temos cousas que calar.
-
Darlle á lingua. Falar moito e, normalmente, de máis. Ex: Deixa de darlle á lingua, que todos temos cousas que calar.
-
Irse da lingua. Non gardar un segredo.
-
Irse da lingua. Non gardar un segredo.
-
Lingua viperina 1 Persoa que fala mal dos demais ou que ofende co que di.
-
Lingua viperina 1 Persoa que fala mal dos demais ou que ofende co que di.
-
Ser un/unha mala lingua. Persoa que murmura e fala mal de alguén.
-
Ser un/unha mala lingua. Persoa que murmura e fala mal de alguén.
-
Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de lembrar algo.
-
Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de lembrar algo.
-
Ter moita lingua. Falar demasiado e sen respecto.
-
Ter moita lingua. Falar demasiado e sen respecto.
-
Tirar da lingua. Incitar a alguén a que conte algo.
-
Tirar da lingua. Incitar a alguén a que conte algo.