"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • GALICIA

    Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado na bacía N de Sierra Morena, preto da provincia de Huelva (2.271 h [2001]). Ten gandaría lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi redactor e guionista da TVG, e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Membro da Fundación Castelao e do equipo de redacción de A trabe de ouro, colaborou en diversos medios. Publicou, entre outras obras, Compostela, camiño de encontro (1994) e Anxel Casal (1995), e, con outros autores, Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía (1981), A memoria de Santiago: álbum de postais (2000) e Para ler a Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás selaxineláceas.

    2. Planta da familia das selaxineláceas.

    3. Familia de plantas da orde das selaxinais, integrada por plantas herbáceas, de talos decumbentes ou dereitos, de follas pequenas, dispostas en espiral ou en filas, e provistas dunha lígula. Comprende unhas 700 especies, do xénero Selaginella, a maioría, propias das zonas cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filósofo e político. Os seus mestres eclécticos iniciárono na práctica de doutrinas austeras e exerceron sobre el unha influencia intelectualmente moi profunda que configuraron o seu estoicismo, humanizado polo sentimento e a unidade de estilo e de pensamento que liga a súa obra. Comezou a carreira de dereito que abandonou pola envexa de Calígula. Consagrouse á filosofía e ás letras, frecuentou a alta sociedade e converteuse en home desexado pola xente refinada. Foi acusado de adulterio e condenado a morte polo Senado, pero Claudio impediu que a sentenza se cumprise, e foi exiliado a Córsega. Volveu como preceptor de Nerón e comezou a súa época política. Ao desatarse a crueldade de Nerón retirouse dos asuntos públicos, pero non atopou a tranquilidade que desexaba. Suicidouse por orde do emperador. Nas súas obras rompeu co período ciceroniano e empregou unhas frases en que predomina a brevidade, a repetición, a asimetría e a antítese, cun estilo cheo de observación psicolóxica....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e poeta senegalés. Foi un dos creadores do concepto de negritude. Presidente de Senegal (1959 e 1980), escribiu obras de carácter romántico e traduciu poemas tradicionais do seu país, destacan Chants d’ombre (1945), Hosties noires (1948), Chants pour Naëtt (1949), Ethiopiques (1956) e Nocturnes (1961). En 1984 converteuse no primeiro africano que ingresou na Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cavidade ou depresión do corpo.

      2. Conduto venoso dilatado, especialmente os situados dentro do cranio.

      3. Cada unha das cavidades aéreas dos ósos do cranio e da cara, etmoidal, esfenoidal, frontal e maxilar, que comunican coas fosas nasais.

      4. seo carotídeo

        Extensión do seo cavernoso no conduto carotídeo.

      5. seo carotídeo

        Pequena dilatación da arteria carótide primitiva que se localiza no punto onde esta se ramifica.

      6. seo costodiafragmático

        Seo pleural situado no lugar onde a pleura costal se converte en diafragmática.

      7. seo costomediasténico

        Seo pleural situado na unión do mediastino anterior e da pleura costal.

      8. seo venoso

        Dilatación do aparato circulatorio dos peixes e dos anfibios por onde entra sangue con CO 2 á aurícula.

    1. Oco que hai entre os peitos dunha muller.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena enseada do litoral atlántico, situada entre as puntas Cusiñadoiro e Mellón de Lires, na parroquia de Nemiña (Muxía).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. verbasco.

    2. estraloque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de catro aspas de ouro, unha en cada cantón do escudo. Outro trae, en campo de goles, un castelo de prata deitado de dúas pólas de seoanes de sinople, onde está resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man dereita e superado todo dunha flor de lis de azul no medio do xefe e unha estrela de ouro de oito raios en cada cantón, as tres figuras colocadas en faixa; bordo de prata, cargado dun guerreiro de prata no centro do xefe e de sete cabezas de lobo de sable, colocadas unha en cada cantón do xefe, unha en cada flanco e tres en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Desde moi novo dedicouse ao teatro, onde acadou un gran prestixio. Encargouse dos principais papeis na Compañía do Teatro Español. O seu debut cinematográfico produciuse en La doncella de la duquesa (1941), de G. Delgrás, e destacou en Mariona Rebull (1946). Ao longo da súa carreira simultaneou os traballos en teatro co cine e interveu tamén nalgúns dramas televisivos dos primeiros anos. Casado coa tamén actriz Rosita Yarza, retirouse dos escenarios a comezos da década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO