"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Tocadiscos automático en que se selecciona un disco despois de introducir unha determinada cantidade de cartos, e que adoita estar colocado en determinados locais públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avión comercial de gran capacidade, especialmente o Boeing 747.

    2. Carretilla sobre carrís ou rodas que transporta un conxunto de martelos perforadores. Utilízase principalmente na perforación de túneles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Colaborou con Lenin desde 1908, participou na Revolución de 1917 e foi membro da troica que gobernou o país entre 1922 e 1924. Se nun principio se aliou con Stalin contra Trotski, máis tarde enfrontouse a Stalin, que ordenou o seu arresto e execución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do Bósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Edward Pratt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Geo Milev, os seus primeiros poemas manifestan influencias do simbolismo. Posteriormente evolucionou cara ao futurismo e   expresionismo. Na súa obra apocalíptica, baseada no levantamento popular de 1923, combina o patriotismo cunha ideoloxía de esquerda. Da súa produción destaca Septemvri (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Entre as súas numerosas películas destacan From Here to Eternity (1953), Tea and Simpathy (1956), The Night of the Iguana (1964) ou The Arrangement (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia (575-596?) e de Borgoña e Orléans (592?-596?), fillo do Rei Sixeberto I e Bruniquilda. Foi adoptado polo seu tío, o Rei Guntram I de Borgoña-Orléans, co que loitou contra Khilperico I de Neustria-Soissons. Ao morrer Guntram I (592?), herdou os reinos de Borgoña e Orléans e unha parte do de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e de Borgoña (695-711), fillo de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austria e Clotilde. Sucedeu o seu irmán Clodoveo III, pero foi un rei nominal baixo o goberno do mordomo do palacio Pipino de Héristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia (663-675) e Neustria e Borgoña (673-675), fillo de Clodoveo II e Batilda. En 673 apoderouse dos reinos de Neustria e Borgoña, e reconstituíu a unidade do reino dos francos. Morreu asasinado por un nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria, Austrasia e Borgoña (743-751). Derradeiro rei merovinxio, foi proclamado por vontade dos mordomos do palacio, Carlomán e Pipino, fillos de Carlos Martel. Foi desposuído e enviado ao mosteiro de Sithiu cando Pipino tomou o título de rei dos francos en 751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sofía 1918 - Roma 1993) Baixo búlgaro. Estudiou con R. Stracciari en Roma, onde debutou en 1946 con La Bohème de Pucini. En 1947 cantou Boris Godunov na Scala de Milán , ópera na que se especializou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte orixinario de EE UU, creado a partir do full contact e o muay thai, que consiste en golpear ao contrincante cos puños protexidos coas vendas, no tronco, nas pernas e na cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (15.563 km2; 610.290 h [estim 2001]). A súa capital é Boyer Ahmad (69.133 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a velocidade de propagación do son nun gas. Consiste nun tubo de vidro cheo de gas que contén un po moi lixeiro. Ao provocar no tubo unha onda sonora estacionaria, o po amontóase nos lugares correspondentes aos nós, a medida da distancia entre estes permite determinar a velocidade buscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Helenista, foi amigo de Montaigne. Escribiu vinte e nove sonetos de amor á maneira de Petrarca e Discours de la servitude volontaire ou Contr’ un (1576).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ocupación ou actividade que realiza unha persoa.

    2. Resultado da actividade que se realiza.

    3. Actividade de costura ou bordado.

    4. Conxunto de traballos que se fan para cultivar a terra.

    5. Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa a tarefa que fai unha palilleira ao longo dun día.

    6. Terra destinada para traballos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista decenal ilustrada, editada en La Habana a partir de xaneiro de 1914. Cesou a súa edición ao redor de febreiro de 1917. A súa tendencia era anticaciquil, polo que estivo próxima a Acción Gallega. Dirixida por Juan V. Martínez, exerceu como voceira das sociedades galegas de instrución en América. Ademais, incluíu temas culturais e pedagóxicos, abundantes poesías e narracións, relatos de viaxes e notas de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1915 polo editor Georg Willy Pfleger e Josep Fornés i Vila. Propúñase poñer ao alcance do gran público obras científicas, técnicas e de divulgación, especialmente médicas. Cara ao ano 1920 estendeuse a América Latina. Déronlle nome, sobre todo, os manuais básicos da Biblioteca de Iniciación Cultural. Co tempo, a editorial converteuse nun grupo de empresas de edición e distribución en lingua castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode cultivar.

    2. Aplícase ao día ou tempada en que se traballa.

    VER O DETALLE DO TERMO